Mércores 26 de abril 2006

Axenda

Congreso Interdisciplinar Eugenio Granell

Do 25 ó 27 de abril, no paraninfo da Facultade de Xeografía e Historia, celébrase o Congreso interdisciplinar Eugenio Granell, organizado pola propia Fundación Granell, a Sociedad Estatal de Conmemoraciones Culturales (SECC) e a Consellería de Cultura da Xunta de Galicia, en colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela.

No programa deste Congreso destaca a importante implicación de investigadores e investigadoras galegos, a maior parte deles vinculados á Universidade de Santiago. Igualmente, participan algúns dos A isto súmanse algúns dos/das investigadores clave no estudio da figura de Granell do resto do estado, como a catedrática de Historia da Arte da Universidad Complutense de Madrid, Lucía García de Carpi, a comisaria independente e crítica de arte Josefina Alix.

Ademais do artista plástico e creador literario, o Congreso pretende dar a coñecer tamén ao Granell xornalista, e a un artista plástico que experimenta co medio cinematográfico. Tampouco faltará unha análise do longo e intrincado periplo, no que se transformou a súa militancia política, sempre fiel o troskismo.

Axenda

Sen Xeración

O Auditorio de Galicia acolle a mostra "Sen Xeración", en referencia á obra dunha serie de artistas, trece en total, que por diferentes circunstancias, a historia quixo deixar "sen xeración". A intención do proxecto é investigar e analizar o acontecido neste últimos anos no ámbito artístico de Galicia.

Do 26 de abril ó 8 de xuño no Auditorio de Galicia.

Axenda

VI Campaña de Animación á Lectura

Un, dous, tres…ques les?" é o nome da sexta campaña de animación á lectura promovida por A editorial Kalandraka e o Departamento de Educación e Mocidade, en colaboración con Sargadelos, promoven a campaña de animación á lectura "Un, dous, tres...que les?".

A campaña vai dirixida a centros escolares, familias e nenos e nenas de diferentes idades, con actividades programadas para os centros de ensino e para as familias.

Actividades para centros de ensino: Actividades diarias en sesións de 60 minutos, con visitas guiadas á exposición, obradoiros de ilustración con Marc Taeger, obradoiros de banda deseñada con Kiko Dasilva e sesións de contacontos.

Actividades para as familias: Dúas sesións de hora e media na que se dotará aos adultos que convivan ou vaian a convivir con nenos das ferramentas necesarias para animar á lectura: tradición oral, primeiros libros, imaxes e texturas ou contos tradicionais e populares.

A campaña conta tamén con actos nas librarías compostelanas:

19 de abril

Ás 18:15 na Escola Infantil Municipal de Conxo : charlas dirixidas a familias co obxectivo de proporcionarlles claves para animar os cativos a ler na casa.

Ás 18:30 na Libraría Aenea: Actuación do equipo de animación á lectura de Kalandraka.

Ás 18:30 na Libraría Aula 25: o ilustrador Marc Taeger presentará a súa última obra, "Aquiles o puntiño". As ilustracións deste novo álbume poden verse na Galería Sargadelos. Marc Taeger tamén é o ilustrador de "A verdadeira historia de Carapuchiña", co que gañou o Premio Daniel Gil de Deseño Editorial na categoría de Libro Infantil e Xuvenil.

20 de abril

Ás 18:00 na Libraría Follas Novas : Actuación do equipo de animación á lectura de Kalandraka.

24 de abril

Ás 18:30 na Libraría Abraxas: Actuación do equipo de animación á lectura de Kalandraka.

25 de abril

Ás 18:30 na Libraría San Pablo: Actuación do equipo de animación á lectura de Kalandraka.

27 de abril

Na Biblioteca Nova 33: Kiko Dasilva presentará o seu último álbume, titulado "Fiz".

2 de maio

Ás 18:30 na Libraría Couceiro: Actuación do equipo de animación á lectura de Kalandraka.

6 de maio

Ás 12:00 na Galería Sargadelos: Clausura da VI Campaña de Animación á lectura coa derradeira charla dirixida a familias co obxectivo de proporcionarlles claves para a animación lectora.

As actividades prolongaranse ata o vindeiro 6 de maio

Axenda

Seminario Formativo de Educación Familiar

Os Servizos Sociais Municipais organizan o Seminario Formativo de Educación Familiar

Os Servizos Sociais Municipais pon en marcha o Seminario Formativo de Educación Familiar que se desenvolve no Centro sociocultural de Fontiñas, nos meses de abril e maio do presente ano 2006, os mércores de 16 h a 18h.

PROGRAMACIÓN:

1ª Sesión. Día 19 de abril de 2006. Esta sesión divídese en dúas partes:
1ª parte: Título: "Servizos Sociais. O programa de intervención familiar" Imparte unha traballadora social do Concello.

Os obxectivos serán os seguintes:
- Promover un axeitado coñecemento dos servizos sociais.
- Promover un axeitado emprego do sistema de servizos sociais.
- Presentar os obxectivos reais do programa de intervención familiar.
- Traballar a motivación hacia o programa de intervención familiar.

2ª parte: Título: "Area de Relacions Sociais: Dereitos e deberes como cidadáns." Exposición por parte dunha Avogada.

Obxectivos da dinámica son os seguintes:
-Coñecemento dos dereitos/ deberes como cidadáns.
-Informar das consecuencias do incumplimento das obrigas como cidadáns..
-Coñecemento dos recursos xurídicos.

2ª Sesión. 26 de abril de 2006

Título: "Área de Saúde. Sexualidade." Exposición por parte dunha Educadora social.
Contidos:
-Métodos anticonceptivos e a súa correcta utilización.
-Hixene persoal.

3ª Sesión. 3 de maio:
Título: "Area de Relacións Sociais. Habilidades Sociais." Exposición por parte dunha Psicologa do Departamento da Muller.

Obxectivos:
-Mellora de destrezas
-Desenrolo desta habilidade

4ª Sesión. 10 de maio.
Título: Área escolar: Charla impartida por unha orientadora escolar, cos seguintes contidos:
-Promover axeitadas relacións pais escola.
-Prevención do absentismo escolar.


5ª Sesión. 24 de maio
Título: "Área de Saúde". Charla impartida por unha enfermeira de atención primaria, cos seguintes contidos:
-Axeitada utiliación do sisitema sanitario.
-Promover axeitados coidados da saude.
-Prevención.

6ª Sesión. 31 de maio.
Título: "Area de Emprego." Impartida por técnicos de emprego dos Servizos Sociais Municipais.

Os obxectivos da sesión son os seguintes:
-Coñecer cauces de inserción laboral
-Importancia da formación no mundo laboral

Realizaranse actividades programadas cos menores que acudan coas familias a estes seminarios. Levadas a cabo polas educadoras do Programa de Intervención Familiar.

Compartir: