Domingo 22 de outubro 2006

Axenda

A cidade interpretada

Un novidoso proxecto artístico internacional trae a Compostela a oito artistas plásticos, que ofrecerán pautas de reflexión sobre os espazos públicos e o seu uso como lugares de encontro e convivencia.

Ata o 31 de decembro en distintos espazos da cidade: Praza do Toural, Trisca, Praza de Cervantes, Hortas...

Axenda

Obradoiros municipais de circo

A Concellaría de Cultura, en convenio con Pista Catro, organiza os obradoiros municipais de iniciación e achegamento a diferentes disciplinas do Novo Circo.

Os sábados, de 16:00 a 17:00 horas, de 17:30 a 19:30, e de 20:00 a 22:00 horas, no pavillón deportivo do CEIP Quiroga Palacios.

Axenda

Novo pase Banda Municipal de Música

Un domingo máis, turno para a Banda Municipal de Música, que nesta ocasión estrea obra, "Olympica". Baixo a dirección de Casiano Mouriño, interpretarán o seguinte programa:

I
Banda Sucre............Marcha sinfónica............G. Orsomando
Carmina Burana.......Cantata........................C. Orff
I. Fortuna II. Choro as feridas da fortuna
III. Na pradeira IV. Mercader dame o calor
V. Rie VI. Veni, venias
VII No fiel da balanza VIII. É o tempo gozoso
IX. ¡¡ Oh docísimo!! X. Ave formosissima
I. Fortuna

II
Olímpica....................................Obertura....J. van der Roost
Agua, azucarillos y aguardiente.....Selección...F. Chueca
Vertula.......................................Pasodobre.C. Mouriño

O domingo 22 de outubro, ás 12:00 horas, no Teatro Principal.

Axenda

Teatro del Astillero chega á Sala Yago

A compañía madrileña Teatro del Astillero representa "Mi vida gira alrededor de 500 metros".

Do xoves 19 ao domingo 22 de outubro, na Sala Yago.

Axenda

"Domani Lavoro", de Paco Rocha

"Domani Lavoro" é froito dun traballo en distintas cidades de Italia, onde se plasman imaxes do entorno urbano e retratos. A colección de 18 fotografías en branco e negro é obra de Paco Rocha.

Do 6 ao 30 de outubro, no Centro Sociocultural da Trisca.

Compartir: