Venres 3 de xuño 2005

Axenda

Actividades da IV Semana Cultural das Fontiñas

No Centro Sociocultural das Fontiñas

•11.30 horas. Actuación de maxia. Mago Vituco. Colexio invitado: Juventud.
•11.30 horas. Charla sobre "Primeiros auxilios e prevención de accidentes no fogar". Imparte: don Daniel Campanero Gutierrez (Licenciado en Ciencias da Actividade Física e Deporte).
•De 12.30 a 13.30 horas. xogos por ordenador para maiores: xogos de estratexia.
•Desde as 17.00 horas. Ludoteca: talleres para nenos/as. Pintura de dedos (0-5 anos).
•17.00 horas. Encontro de presentación do programa do mes coas persoas do Club de Maiores.
•De 17.00 a 20.00 horas. Baile con orquestra DUO MASTER.
•De 18.30 a 19.30 horas.Taller de natureza (de 5 a 9 anos).
•19.00 horas. Aula de informática: maratón de xogos (9 a 12 anos).
•De 19.30 a 20.30 horas. Taller de creación e deseño de abelorios (a partir de 9 anos).
•20.30 horas. Actuación musical de Solfa

Axenda

Presentación do Racismomatón

Estará ubicado durante 10 días na sede do COIE, no Campus Sur.

O Racismomatón consiste nunha cabina de fotomatón computerizada na que, por medio dun xogo de ordenador, permite, libre e voluntariamente, someterse a un sinxelo test de cinco minutos que avalía as actitudes do usuario cara ao inmigrante.

O test non ten por obxecto determinar se o usuario é ou non racista, senón sensibilizar sobre o problema inducindo o debate e a reflexión.

Axenda

Guía de entidades de servizo á cidadanía de Fontiñas

O día 1 de xuño, ás 20,30 horas, no Centro Sociocultural de Fontiñas terá lugar a presentación da guía "As Fontiñas: entidades de servizo á cidadanía".

O 1 de xuño, ás 20,30 horas, no el Centro Sociocultural de Fontiñas e dentro da celebración da IV semana cultural de Fontiñas, terá lugar a presentación da guía "As Fontiñas: entidades de servizo á cidadanía".

Nela ofrécese información á cidadanía de Fontiñas sobre os programas e recursos dos que dispoñen nas distintas entidades do barrio.

Na guía participan:
1.- Centro sociocultural das Fontiñas.
2.- Concellaría da muller.
3.- Unidade de Traballo Social de Fontiñas - Servicios Sociais Municipais.
4.- Unidade Municipal de atención a drogodependentes (UMAD).
5.- Centro de saúde de Fontiñas.
6.- CEIP Fontiñas.
7.- IES Antón Fraguas.
8.- CEIP Monte dos Postes.
9.- Cruz Vermella.
10.- Cáritas Parroquial de Fontiñas.
11.- Programa de atención a familias monoparentais "Abeiro".
12.- Asociación Chavós.
13.- Fundación Secretariado Gitano.
14.- Asociación de veciños "As Fontes".
15.- ANPA "Fontela".
16.- Asociación de pensionistas e xubilados.
17.- Asociación Alfaia.
18.- Asociación Solfa.
19.- Club deportivo das Fontiñas.
20.- Outras entidades de interés.

Axenda

Aprender a escoitar música

Charla a cargo do pedagogo musical Fernando Palacios

No Salón de actos da Escola Municipal de Música de Santiago, Fernando Palacios falará sobre como aprender a escoitar música, nun acto dirixido aos pais acompañados dos seus fillos e aos medios de comunicación.

A presencia de Fernando Palacios en Santiago de Compostela é unha moi boa ocasión para que familias, acompañadas dos seus fillos e fillas e educadores, podan participar nunha interesante sesión na que, con exemplificacións musicais, podan inducir aos nenos e nenas a disfrutar coa escoita da música.

Fernando Palacios

En 1992 a Orquestra Filarmónica de Gran Canaria encargou a Fernando Palacios a posta en marcha do seu Departamento Educativo coa fin de investigar novas maneiras de achegar a música a outros públicos.

Ao éxito das súas propostas uníronse outras organizacións musicais ata extenderse por España e Latinoamérica. A editorial AgrupArte quixo tamén sumarse a esta "revolución", editando a súa colección de disco-libros A mota de pó. Eles son os causantes do cambio producido nestes últimos anos no seo dos espectáculos e edicións musicais para nenos.

Fernando Palacios puido acometer este traballo gracias á súa variada formación e ás actividades complementarias que desempeñou: profesor de Pedagoxía Musical; creador de grupos musicais dispares; intérprete de música antiga; director e presentador de programas de radio e televisión (Música sobre a marcha, Son e Oído, Tira de música, e actualmente realiza en Radio Clásica As cousas de Palacios); compositor de obras de concerto (Fulgor na cochambre, Pianocócteles, Variacións Estigma), de músicas incidentais (Mañáns de abril e maio, Ínfimo) e de espectáculos multimedia (O silencio das sereas, Música con calquera cousa); articulista e escritor de libros de recursos (Artiluxios e instrumentos para facer música, Pezas gráficas para a Educación Musical, Escoitar, As óperas do Real e A brúxula ao oído); e profesor en Universidades, Escolas de Música e Centros de Profesores.

Unha importante parcela da súa creación está adicada a nenos e xóvenes: A mota de pó, Modelos para armar, As baquetas de Javier, Xogos de cámara, Suite O Termómetro, Tuve tuba por un tubo, Insectos infectos, Mamíferos mortíferos, Álbum de músicas probables, e as óperas para todos os públicos O Planeta Analfabia e A ópera dos sentidos.

Axenda

"Virxes" na Sala NAsa

Día 2 ás 22.00 horas e días 3 e 4 ás 23.00 horas.

Na Sala Nasa, estreo de "Virxes": western relixioso e cabareteiro interpretado por Andrea Álvarez, Sonia Méndez e Paula Sanmartín, tres xoves actrices que xuntan as súas forzas para botar a andar co descaro necesario.

Compartir: