Venres 25 de novembro 2005

Axenda

II Seminario para persoal técnico da administración local "intervención con familias que sofren violencia doméstica"

Organizado pola Unidade de Psicoloxía Forense (USC) coa colaboración da Concellaría de Benestar Social do Concello

O II Seminario para persoal técnico da Administración Local "Intervención con familias que sofren violencia doméstica" celébrase na Facultade de Psicoloxía, no Campus Universitario Sur. 15782, Santiago de Compostela, os días 1 e 2 de Decembro de 2005.

O seminario vai dirixido a persoal técnico da administración local que desempeña labores de axuda ou intervención, con familias nas que median situacións de maltrato e enmárcase dentro das actividades de formación da Unidade de Psicoloxía Forense (Universidade de Santiago de Compostela) no ámbito da intervención familiar.

Trataránse aspectos legais e psicosociais do maltrato intrafamiliar abordados dende a nova "Lei Orgánica 1/2004 de Medidas de Protección Integral contra a violencia de xénero"

O programa é como segue:

Xoves 1, de decembro

10:00-11:00 h. Entrega de material

11:00-14:00 h. Ponencia: "Programa Galicia de Reeducación de Maltratadores"
Ponente: Unidade de Psicología Forense da Universidade de Santiago

14:00 h. Descanso

16:00-17:45 h. Ponencia: "intervención psicológica para mulleres víctimas do maltrato. A actuación na Casa de Acollida de Santiago".
Ponente: Dna. Raquel Enríquez Fernández. Psicóloga da Casa de Acollida do Concello de Santiago.

17:45-18:00 h. Descanso

18:00-20:00 h. Ponencia: "Experiencias dende un centro de información á muller".
Ponente: Dna. Antonia San Martín García. Directora e Psicñologa do CIM de Coirós e Psicóloga do Programa de Asistencia a Víctimas de Violencia de Xénero do COPG.

Venres, 2 de decembro

10:00-13:00 h. Ponencia: "Funcionamento do Centro de Información e Asesoramento á Muller"
Ponente: Representante do Servizo Galego de Igualdade (S.G.I.)

14:30 h. Descanso

16:00-18:00 h. Ponencia: "Apoio social de realidade da muller maltratada pola súa parella. Análise das caracterísiticas psicosociais e implicacións para a intervención"
Ponente: Dr. Francisco Javier Rodríguez Díaz. Prof. De Titular de Psicoloxía da Universidade de Oviedo.

18:00 h. Descanso.

18:30-20:30 h. Coloquio final

O persoal técnico da administración local interesado pode dirixirse á Unidade de Psicoloxía Forense.
Telf: 981 56 31 00. Ext. 13871.
e-mail: uforense@usc.es

Axenda

PROGRAMA CLUB DA SAÚDE NATURAL

Actividades que se celebrarán no Centro Sociocultural das Fontiñas para novembro.

CHARLA SOBRE O NACEMENTO SEN VIOLENCIA.
RECOMENDACIÓNS DA OMS PARA UN PARTO
MÁIS SEGURO, MÁIS HUMANO E MÁIS RESPECTUOSO.

Imparte: Dna. Rosa Neira
Día e hora: sábado 12 de novembro ás 19 h.

TALLER PRÁCTICO SOBRE FLORES DE BACH
Imparte: Dna. Carmen Villar
Día e hora: 19 e 26 de novembro de 19 a 21 h.
3 de decembro de 17 a 19 h.
Prezo: 30 € /persoa

Axenda

Concertos da Real Filharmonía

Concertos programados para xaneiro de 2006.

Mércores 18 / 21:00 h
THE AGE OF THE ENLIGHTENMENT
Gustav Leonhardt, director
Capella Amsterdam
Odas de Purcell
Prezo: 18 €

Venres 27 / 21:00 h
Robert King, director
Haendel, Concerto grosso en Si bemol, op. 3 nº 2
Geminiani, Concerto grosso en mi menor, op. 3 nº 3
Rameau, Les Boréades (Suite)
Haendel, Música acuática, HWV 348-350
Prezo: 9 €

Compartir: