Mércores 12 de outubro 2005

Axenda

Exposicións da Fundación Granell

"O estudio e os amigos de Granell" e "Revelación Profana" na Fundación Granell.

"O estudio e os amigos de Granell" recrea o estudio do pintor e mostra obra de Granell e doutros amigos surrealistas. Aberta ata o 31 de outubro.

"Revelación Profana", do Grupo surrealista de Leeds, Gran Bretaña. Ata o 17 de outubro.

Axenda

VI Ciclo de Lied Santiago de Compostela

Ás 21 horas no Teatro Principal, concertos do Ciclo de Lied "Un soño de Italia".

Mércores 28
Hakan Vramsmo, barítono
Roger Vignoles, piano.

OUTUBRO
Venres 14
Laura Claycomb, soprano.
Roger Vignoles, piano.

Axenda

Concerto de The Gift no Principal

The Gift é unha das bandas portuguesas con maior proxección internacional. Abriron shows para Flaming Lips ou Cousteau, e gravan na prestixiosa discográfica V2. Logo de tres anos de silenzo discográfico, editan "AM-FM".

"AM-FM" é un disco reflexivo, no que a electrónica se atopa co pop, o neo-soul. Un disco doble moi amargo no que a voz de Sonia Tavares case se converte en pranto, como se escoita en "Are You Near" ou "Wake Up".

No segundo disco, FM, soan próximos a Depeche Mode ou Erasure, ao pop electrónico dos oitenta. Para mostra, a primeira canción do disco, "Driving You Slow"

Compartir: