Sábado 8 de setembro 2012
Axenda
"Políptico" na Zona "C"
A Zona "C" acolle a mostra Políptico. Un comentario sobre a posta en valor do patrimonio, un novo proxecto do artista Enrique Lista concibido para este espazo. Comisariado por María Marco, foi o traballo seleccionado no 2011 entre todos os alumnos do curso de posgrao Máster en Arte Museoloxía e Crítica Contemporáneas da Universidade de Santiago de Compostela.
Ata o 23 de setembro, na Zona C.
Máis información: Compostela Capital Cultural
Axenda
"Eugenio Granell no paraíso centroamericano, 1940-1956"
O Auditorio acolle a mostra Eugenio Granell no paraíso centroamericano, 1940-1956, enmarcada no centenario de nacemento do artista. Un rigoroso traballo de selección Pilar Corredoira, comisaria desta mostra, que nos permite coñecer a fondo a etapa do exilio en Santo Domingo, Guatemala e Porto Rico.
Do 4 de xullo ao 4 de novembro, no Auditorio de Galicia.
Máis información: Compostela Capital Cultural
Axenda
ETTU Cup 2012 no Multiusos de Sar
O Multiusos Fontes do Sar é a sede, o sábado 8 e o domingo 9 de setembro, da primeira ronda do torneo internacional de tenis de mesa ETTU Cup 2012, organizada polo club Arteal TM.
Calendario de competicións
Sábado 8
1º partido ás 11:30 horas
Arteal Tenis de Mesa --- Libertas-Marinkolor" Dubrovnik
Sporting Club de Portugal --- B-Batt
2º partido ás 17:30 horas
Libertas-Marinkolor" Dubrovnik --- Sporting Club de Portugal
B-Batt ---Arteal Tenis de Mesa
Domingo 9
Arteal Tenis de Mesa --- Sporting Club de Portugal
B-Batt --- Libertas-Marinkolor" Dubrovnik
Axenda
Encontro de corais no Principal
O Teatro Principal acolle o I Encontro de Corais Compostela Canta. Serán dúas sesións nas que dez corais da cidade amosarán o mellor do seu repertorio.
A sesión do sábado 8 terá como protagonistas as corais A Xuntanza, Santa Susana, Amigos de Compostela, A Ruliña de Laraño e Cantigas e Agarimos. O domingo 9, estarán sobre o escenario as corais La Salle, Asubío, Coto da Nai, Irmán Gómez e Castrosúa.
O sábado 8 e o domingo 9 de setembro, ás 20:00 horas, no Teatro Principal.
Axenda
Proxección aberta de "Vilamor" na praza da Quintana
O programa Redecinema, promovido pola Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Deputación da Coruña, chega a Santiago de Compostela coa proxección do filme Vilamor, de Ignacio Vilar. A sesión é aberta e de balde. Ao remate da exhibición, coloquio co director e cos protagonistas.
O sábado 8, ás 22:00 horas, na praza da Quintana.
Máis información: Compostela Capital Cultural