Luns 22 de outubro 2012
Axenda
"Eugenio Granell no paraíso centroamericano, 1940-1956"
O Auditorio acolle a mostra Eugenio Granell no paraíso centroamericano, 1940-1956, enmarcada no centenario de nacemento do artista. Un rigoroso traballo de selección Pilar Corredoira, comisaria desta mostra, que nos permite coñecer a fondo a etapa do exilio en Santo Domingo, Guatemala e Porto Rico.
Do 4 de xullo ao 4 de novembro, no Auditorio de Galicia.
Máis información: Compostela Capital Cultural
Axenda
"Aquaflora", mostra fotográfica de Andrés Vilas no Ensanche
Andrés Vilas expón as súas fotografías nunha exposicion no Ensanche baixo o título Aquaflora.
Do 17 ao 30 de outubro no Centro Sociocultural e Xuvenil Municipal do Ensanche.