Mércores 18 de febreiro 2009

Axenda

Exposición sobre o lobo no CSC de Vite

O Centro Sociocultural José Saramago de Vite acolle a exposición O lobo, unha carreira pola supervivencia, promovida pola Concellaría de Medio Ambiente. Esta mostra chega a Compostela da man da Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galicia, (Adega); o grupo ecoloxista ERVA e a Asociación de Amizade das Artes Galego-Portuguesa (AAAGP), e pretende ser un alegato pola conservación do lobo ibérico e os seus hábitats.

Esta mostra contén paneis divulgativos sobre a situación do lobo en Galicia; fotografías sobre a especie e o seu medio; elementos relacionados coa bioloxía do lobo e elementos que evidencian a presenza do lobo na cultura. Conta tamén cunha mostra bibliográfica e un documental sobre o lobo rodado en liberdade. Ademais de poder visitala a título individual, tamén existe a posibilidade de facer visitas guiadas e, ademais, celebraranse actividades complementarias.

Ata o 17 de marzo, no CSC José Saramago de Vite,

Axenda

Exposición retrospectiva de Antón Mouzo

O Auditorio de Galicia acolle nas súas salas a exposición retrospectiva de Antón Mouzo (Vimianzo, 1957 - A Coruña, 2007). A mostra presentará un percorrido polas obras realizadas dende principios dos anos oitenta ata as súas derradeiras producións.

No Auditorio de Galicia, todos os días de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas, agás os días de concerto, que pecha ás 19:00 horas.

Axenda

Concerto didáctico de Abe Rábade no Auditorio de Galicia

O Auditorio de Galicia organiza un novo concerto didáctico que pretende introducir na música de jazz aos máis pequenos da casa, da man do pianista compostelán Abe Rábade.

O martes 17 e o mércores 18, ás 11:00 horas, no Auditorio de Galicia.

Axenda

O grupo de cámara da Real Filharmonía de Galicia interpreta a Dvorak e Piazzola

Novo concerto do grupo de cámara da Real Filharmonía de Galicia no ciclo Música na Compañía, nun recital no que van interpretar obras de Antonín Dvorak e Astor Piazzola.

O mércores 18 de xaneiro, ás 20.30 horas, no Paraninfo da Universidade, na Facultade de Xeografía e Historia.

Compartir: