Xoves 19 de xuño 2008

Axenda

V Semana Cultural da Trisca

O Centro Sociocultural da Trisca organiza unha nova edición da súa Semana Cultural, cun amplo programa de actividades para todos.

Do 17 ao 21 de xuño.

Axenda

Exposición na Alameda dedicada a Curros Enríquez

O Paseo Central da Alameda acolle unha exposición dedicado ao escritos celanovés Curros Enríquez, un dos autores do Rexurdimento galego e persoeiro histórico das nosas letras.

Do 19 de xuño ao 2 de xullo no Paseo Central da Alameda.

Axenda

Semanas Culturais na Trisca e no Castiñeiriño

"A vida nas palabras" é o título elixido polo Centro Sociocultural da Trisca para servir de fío condutor da súa Semana Cultural. Celebrarase do 16 ao 22 de xuño e contará con música, contacontos, cinema, obradoiros, teatro e excursións. Nas mesmas datas, o CSC do Castiñeiriño celebra tamén a súa semana de actividades.

Do 16 ao 22 de xuño nos CSC da Trisca e do Castiñeiriño.

Axenda

Mostra de fotografía dos nenos da Escola Infantil de Conxo

Os rapaces e rapazas de 3 a 6 anos da Escola Infantil Municipal de Conxo, que forman parte dende hai 3 anos do Obradoiro de arte, expoñen unha pequena mostra do seu labor artístico.

No Centro Sociocultural Aurelio Aguirre de Conxo, ata o 25 de xuño.

Axenda

"Fotógrafos insospeitados. Celebridades detrás do obxectivo", no Auditorio de Galicia

O Auditorio de Galicia acolle a mostra "Fotógrafos insospeitados. Celebridades detrás do obxectivo", que reúne imaxes tiradas por celebridades de distintas disciplinas artísticas

Do 18 de xuño ao 14 de setembro, no Auditorio de Galicia.

Axenda

Mozart, Britten, Webern e Dohnanyi no ciclo "Música na Compañía"

O ciclo "Música na Compañía" promove un concerto a cargo dun trío de corda e o óboe de Esther Viudez, que porán música a composicións de diferentes épocas, que inclúen a Mozart, Britten, Webern e Dohnanyi.

O xoves 19 de xuño, ás 20:30 horas, na Igrexa da Universidade.

Compartir: