Xoves 15 de maio 2008

Axenda

"A historieta galega", no Auditorio

A Historieta Galega. 1978-2008 presenta un percorrido histórico pola banda deseñada galega dende os anos 70 até o tempo actual. Amais celebraranse en paralelo á exposición unha serie de clases maxistrais e actividades para os máis pequenos.

Do 6 de marzo ao 6 de xuño, no Auditorio de Galicia.

Axenda

Bruno Frost actúa na Compostela Organum

No marco de Compostela Organum Festival, o organista francés Burno Forst realizará dous concertos didácticos no que explorará algúns dos 24 xogos que consta o órgano polifónico da igrexa da Universidade.

O xoves 15 de maio, ás 10:00 e ás 12:00 horas, na igrexa da Universidade.

Axenda

"Bicos con lingua" no Teatro Principal

Talía Teatro trae a escena Bicos con lingua. Humor, xestos, actitudes e costumes do cotián que constitúen unha proposta sincera que leva ás táboas a nosa situación sociolingüística.

Do 12 ao 16 de maio, ás 12:00 horas, no Teatro Principal

Axenda

Letras Vivas leva "Os soñoños de Argallando" ao CSC do Castiñeiriño

O ciclo de animación á lectura leva ao CSC de Castiñeiriño unha nova sesión de contacontos cos 'Soñoños de Argallando'.

O xoves 15 de maio, ás 19:00 horas.

Compartir: