Xoves 3 de abril 2008

Axenda

"A historieta galega", no Auditorio

A Historieta Galega. 1978-2008 presenta un percorrido histórico pola banda deseñada galega dende os anos 70 até o tempo actual. Amais celebraranse en paralelo á exposición unha serie de clases maxistrais e actividades para os máis pequenos.

Do 6 de marzo ao 6 de xuño, no Auditorio de Galicia.

Axenda

"Estrutura Binaria" na Zona C

Marga Crespo expón a súa obra, baixo o título de Estrutura binaria, na Zona C.

Do 12 de marzo ao 4 de maio.

Axenda

Campaña de Animación á Lectura. I Premio "Compostela" para Álbums Ilustrados

O eco da memoria" é o título da oitava Campaña de animación á lectura, que se desenvolve do 31 de marzo ao 19 de maio.

A campaña foi presentada ao profesorado e, dende entón sucédense as actividades nos centros de ensino. O calendario para os colexios inclúe sesións de contacontos, visitas guiadas á exposición, un obradoiro de ilustración con Óscar Villán e outro de banda deseñada e ilustración don David Pintor. Todo isto, complementado con concertos didácticos de música tradicional a cargo do grupo Caldaloba e Felisa Segade, do grupo Leilía.

As escolas infantís tamén contarán con actividades específicas: un obradoiro de plástica creativa e diversas charlas para as familias. Estas tamén son as destinatarias da clausura da campaña "Contos con música" e das actividades nas librarías da cidade.

As actividades formativas son o outro punto destacado desta campaña. Federico Martín volverá a Santiago para falar de "As sete portas da memoria", mentres que Manuela Rodríguez e Pablo Díaz recuperarán os momentos máxicos do tempo de contar e cantar grazas a "O eco da memoria". "Animar a ler dende a diversidade: o ritmo e a lectura" é o título dunha sesión destinada a educadores e profesionais que traballen con persoas con necesidades educativas especiais. Finalmente, profesores, educadores, bibliotecarios e outros profesionais poderán participar no obradoiro "A luz e a sombra da palabra. De oralidade e lectura".

I Premio Internacional "Compostela" para Álbums Ilustrados
Nesta Campaña de animación á lectura tamén se inclúe o I Premio Internacional "Compostela" para Álbums Ilustrados, do que xa se coñece a gañadora: María Natalia Colombo, de Arxentina, polo traballo titulado Cerca.

Tamén se acordou deixar como finalista, pola súa calidade, ao álbum La nube de Martín, do que son autores Javier Sobrino (Asturias) e Rebeca Luciani (Arxentina). Igualmente, decidiuse mencionar tres traballos máis: Trocar as voltas ao tempo, de José António Gomes e Gémeo Luís (Portugal); Ovelhina dá-me lá, de Isabel Minhós Martíns e Yara Kono (Portugal); e La visita, de Nicolás Arispe (Arxentina).

Axenda

Exposición de tapices de Carita Dubrovin nos centros socioculturais

A Rede Municipal de Centros Socioculturais presenta "Personaxes e paisaxes", unha colección de quince tapices elaborados pola artista finlandesa Carita Dubrovin Sandstrom.

Calendario:

CSC Fontiñas 15 de xaneiro ao 1 de febreiro
Rúa Berlín, 13. 981.528.750

CSXM O Ensanche 2 ao 16 Febreiro
Frei Rosendo Salvado, 14-16. 981.543.001

CSC Conxo 19 Febreiro ao 12 Marzo
Praza Aurelio Aguirre, 1. 981.528.740

CSC Castiñeiriño 12 ao 28 Marzo
Virxe de Fátima 1. 981. 542.459

CSC A Trisca 28 de marzo ao 12 de Abril
Corredoira das Fraguas 92. 981.543.191

CSC Vite 15 ao 30 Abril
Carlos Maside, 7. 981.542.490

Compartir: