Venres 11 de abril 2008

Axenda

"A historieta galega", no Auditorio

A Historieta Galega. 1978-2008 presenta un percorrido histórico pola banda deseñada galega dende os anos 70 até o tempo actual. Amais celebraranse en paralelo á exposición unha serie de clases maxistrais e actividades para os máis pequenos.

Do 6 de marzo ao 6 de xuño, no Auditorio de Galicia.

Axenda

Exposición de tapices de Carita Dubrovin nos centros socioculturais

A Rede Municipal de Centros Socioculturais presenta "Personaxes e paisaxes", unha colección de quince tapices elaborados pola artista finlandesa Carita Dubrovin Sandstrom.

Calendario:

CSC Fontiñas 15 de xaneiro ao 1 de febreiro
Rúa Berlín, 13. 981.528.750

CSXM O Ensanche 2 ao 16 Febreiro
Frei Rosendo Salvado, 14-16. 981.543.001

CSC Conxo 19 Febreiro ao 12 Marzo
Praza Aurelio Aguirre, 1. 981.528.740

CSC Castiñeiriño 12 ao 28 Marzo
Virxe de Fátima 1. 981. 542.459

CSC A Trisca 28 de marzo ao 12 de Abril
Corredoira das Fraguas 92. 981.543.191

CSC Vite 15 ao 30 Abril
Carlos Maside, 7. 981.542.490

Axenda

"13 rosas" no Auditorio

Nova entrega do ciclo Teatro e Danza en Xira. Nesta ocasión, a Compañía Arrieritos ofrece o espectáculo "13 rosas".

O venres 11 e o sábado 12 de abril, ás 21:00 horas, no Auditorio de Galicia.

Compartir: