Sábado 5 de xaneiro 2008

Axenda

V Premio Auditorio de Galicia para Novos Artistas

Os traballos do V Premio Auditorio de Galicia para Novos Artistas recóllense nunha mostra.

Do 20 de decembro ao 24 de febreiro, no Auditorio de Galicia.

Axenda

Nadalxogo

Os máis pequenos da casa poden gozar do parque de lecer e do programa de tempo libre de Nadalxogo 2007. Unha completa oferta de xogos, hinchables, contacontos... pensados para a súa diversión.

Entre o 26 de decembro e o 4 de xaneiro, entre as 17:00 e as 21:00 horas, no Multiúsos Fontes do Sar.

Axenda

Concerto de Reis con Dvorak, Suppé, Rodrigo e Chueca

Antoni Ros Marbà dirixe á Real Filharmonía de Galicia no concerto de Reis. Nel poderase escoitar o "Concerto de Aranjuez", de Joaquín Rodrigo, para o cal se contará co prestixioso guitarrista Ernesto Bitetti. Máis música de compositores españoles da man de Chueca, e tamén unha overtura de von Suppé e outra de Dvorak, completan o programa.

O sábado 5 de xaneiro, ás 22:00 horas, no Auditorio de Galicia.

Compartir: