Venres 28 de setembro 2007

Axenda

Santiago dC

A sede do antigo Banco de España acolle a exposición "Santiago dC", pensada polo Consorcio de Santiago para achegar dun xeito diferente a realidade urbana da cidade e os seus cambios e transformacións nos quince anos de historia deste organismo interadministrativo.

A mostra componse de 200 fotografías que crean unha verdadeira cidade dentro da cidade, un espazo de reflexión que, dende o pasado, empurra cara o futuro.

Ata o 30 de decembro, no Banco de España (praza das Praterías).

Axenda

Exposición de Quintana Martelo

O artista compostelán Quintana Martelo expón a súa obra gráfica.

Do 26 de setembro ao 5 de decembro, no Auditorio de Galicia e na Igrexa da Universidade.

Axenda

"Macbeth" por Sarabela Teatro

Un clásico de William Shakespeare, Macbeth, é representado nesta ocasión por Sarabela Teatro. Instigado polas premonicións de tres bruxas que lle auguran un futuro como rei, decide forxar o seu destino e asasinar a Duncan para ocupar o seu posto. Macbeth gobernará coma un tirano até que se cumpra unha nova profecía: "ser derrocado por un home non nacido de muller", cando avance o bosque de Birnam.

O xoves 27 e o venres 28, ás 21:00 horas, no Teatro Principal.

Compartir: