Domingo 16 de setembro 2007

Axenda

Santiago dC

A sede do antigo Banco de España acolle a exposición "Santiago dC", pensada polo Consorcio de Santiago para achegar dun xeito diferente a realidade urbana da cidade e os seus cambios e transformacións nos quince anos de historia deste organismo interadministrativo.

A mostra componse de 200 fotografías que crean unha verdadeira cidade dentro da cidade, un espazo de reflexión que, dende o pasado, empurra cara o futuro.

Ata o 30 de decembro, no Banco de España (praza das Praterías).

Axenda

Ciclo de Cine Mudo con música en directo

A música en directo acompañará a proxección de varios clásicos do cine mudo: Amencer, de Murnau; O presidente, de Dreyer; Luces da cidade, de Chaplin; O maquinista da xeneral, de Buster Keaton; e O rapaz, de Chaplin.

Do 15 ao 19 de setembro, ás 21:00 horas, no Teatro Principal.

Compartir: