Martes 1 de maio 2007

Axenda

XXVI Feira do Libro

O Paseo Central da Alameda acolle unha nova edición da Feira do Libro. Mesas redondas, sorteos de lotes de libros, exposicións, obradoiros, firmas de libros e moitas outras actividades.

Do 27 de abril ao 6 de maio no Paseo Central da Alameda.

Axenda

As corais compostelás nos centros socioculturais

As corais de Santiago percorren coas súas actuacións os centros socioculturais.

Todas as actuacións son ás 20:00 horas, agás nos CSC das Fontiñas e no CSC Aurelio Aguirre de Conxo, que son ás 19:30 horas.

Axenda

"Auto", de Ernesto Caballero, en Teatro en Xira

Terceira obra do ciclo Teatro en Xira, organizado pola Concellaría de Cultura e Caixa Galicia: catro personaxes atópanse nun espazo alegórico, para interviren nun xuízo en que xa non saben como comparecen: se como acusados ou como testemuñas. Distraen a espera cunha conversa, e tentan reconstruír e lembrar as circunstancias que os levaron até alí.

O luns 30 de abril e o martes 1 de maio, ás 21:00 horas, no Teatro Principal.

Axenda

Curso de teatro no Castiñeiriño

A Asociación de Veciños O Castiñeiro e a AC Xurásica botan a andar a Aula de Teatro do Castiñeiriño. O barrio contará cunha actividade máis para a súa oferta de lecer, unhas clases impartidas pola actriz Ursia Gago e o seu equipo.

Do 10 de outubro de 2006 ao 30 de xuño de 2007, de 20:30 a 22:30 horas, no Castiñeiriño.

Compartir: