Xoves 15 de febreiro 2007

Axenda

A historia vai por barrios

O Programa de recuperación da memoria histórica dos barrios, "A historia vai por barrios", chega agora a Villestro.

Do 7 de febreiro ao 11 de marzo, no Centro Sociocultural de Villestro.

Axenda

Exposición sobre a identidade no CSC de Fontiñas

Mar Castro Manzanares é veciña de Conxo, estudou fotografía na Escola de Artes e Oficios de Santiago de Compostela. Na súa obra reflíctese o intento por afondar e abranguer o plano conceptual. A súa mirada vai do concepto á imaxe, nun camiño no que vai esmiuzando e devalando na procura final da súa plasmación integral a través da imaxe. Con comezo e fin, a obra "Identidade" incorpora significación ás imaxes e ilustra unha mensaxe que vai cobrando sentido ao tempo que se vai transmitindo.

O tema identidade, introdúcenos nun tema moi recorrente nos nosos días. A identidade individual e colectiva, o suxeito no mundo actual en que interesa en canto número. A identidade sentida como ausencia dela, a idea de encontrarnos a nós mesmos, de situármonos... A identidade como cambio. En fin, a busca da identidade.

Atao 15 de febreiro, no Centro Sociocultural de Fontiñas.

Axenda

O pianista Boris Berzovski no Auditorio

James Judd dirixe á Orquestra Sinfónica de Galicia e ao pianista Boris Berzovski na interpretación do "Falstaff", estudo sinfónico do británico Elgar, e do "Concerto para piano número 3 en re menor de Rachmaninov".

O xoves 15 de febreiro, ás 21:00 horas, no Auditorio de Galicia.

Axenda

Áncora representa "Final de película"

Áncora produccións representa "Final de película", de Gustavo Pernas Cora. Con Ánxela G. Abalo, Vicente de Souza, Fernando Morán, Xavier Deive, Estívaliz Veiga e Marcos Pereiro. Dirixe Gustavo Pernas Cora.

O xoves 15 e o venres 16 de febreiro, ás 21:00 horas, no Teatro Principal.

Axenda

Curso de teatro no Castiñeiriño

A Asociación de Veciños O Castiñeiro e a AC Xurásica botan a andar a Aula de Teatro do Castiñeiriño. O barrio contará cunha actividade máis para a súa oferta de lecer, unhas clases impartidas pola actriz Ursia Gago e o seu equipo.

Do 10 de outubro de 2006 ao 30 de xuño de 2007, de 20:30 a 22:30 horas, no Castiñeiriño.

Compartir: