Venres 21 de decembro 2007

Axenda

Santiago dC

A sede do antigo Banco de España acolle a exposición "Santiago dC", pensada polo Consorcio de Santiago para achegar dun xeito diferente a realidade urbana da cidade e os seus cambios e transformacións nos quince anos de historia deste organismo interadministrativo.

A mostra componse de 200 fotografías que crean unha verdadeira cidade dentro da cidade, un espazo de reflexión que, dende o pasado, empurra cara o futuro.

Ata o 30 de decembro, no Banco de España (praza das Praterías).

Axenda

V Premio Auditorio de Galicia para Novos Artistas

Os traballos do V Premio Auditorio de Galicia para Novos Artistas recóllense nunha mostra.

Do 20 de decembro ao 24 de febreiro, no Auditorio de Galicia.

Axenda

"A creación", de Haydn, para pechar a programación do Auditorio do 2007

Novo concerto da Real Filharmonía de Galicia, interpretando "A Creación", de Haydn. As voces correrán a cargo do Coro Nacional de España, a soprano Raquel Lojendio, o tenor Agustín Prunell-Friend, e o barítono David Wilson Johnson.

O venres 21 de decembro, ás 21:00 horas, no Auditorio de Galicia.

Axenda

Maxia no Teatro Principal

Compostela únese ao ao II Circuito Galego da Maxia, cunha gala conxunta a cargo do mago Antón, do mago Romarís, do mago Richard, de Luis Manuel e do mago Vituco.

O venres 21 de decembro, ás 20:30 horas, no Teatro Principal.

Axenda

Concerto de Codename e Pa La Peña na Sala Capitol

Concerto para a mocidade compostelá no que actuarán dous grupos que ensaian nos Locais Municipais de Música: Codename e Pa La Peña (PLP). A asistencia é libre e de balde.

O venres 21 de decembro, a partir das 22:30 horas, na Sala Capitol.

Compartir: