Xoves 13 de decembro 2007

Axenda

Santiago dC

A sede do antigo Banco de España acolle a exposición "Santiago dC", pensada polo Consorcio de Santiago para achegar dun xeito diferente a realidade urbana da cidade e os seus cambios e transformacións nos quince anos de historia deste organismo interadministrativo.

A mostra componse de 200 fotografías que crean unha verdadeira cidade dentro da cidade, un espazo de reflexión que, dende o pasado, empurra cara o futuro.

Ata o 30 de decembro, no Banco de España (praza das Praterías).

Axenda

Os novos creadores do GZ Crea expoñen na Zona "C"

O Certame Galego de Creadores Novos GZcrea 2007 abre portas aos máis novos creadores galegos.

Do 8 de novembro ao 16 de decembor, na Zona "C", en San Domingos de Bonaval. Poderase ver a mostra todos os días, de 11:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00. Os luns, a Zona "C" pecha.

Axenda

Strauss e Sibelius protagonizan un novo concerto de abono

O principal director convidado da Real Filharmonía de Galicia, Paul Daniel, diríxea desta volta xunto con Chloë Hanslip, nena prodixio do violín. Actualmente ten vinte anos, pero leva dende os dous tocando. Da súa man, dous temas de Strauss e un concerto para violín de Sibelius.

O xoves 13 de decembro, ás 21:00 horas, no Auditorio de Galicia.

Axenda

Nove Dous trae a Compostela "Ás veces sentímonos tan cansos que facemos estas cousas"

Chega ao Principal "Ás veces sentímonos tan cansos que facemos estas cousas", de Rodrigo García. A compañía Nove Dous encárgase desta representación, que recibiu o premio Max 2004 á mellor adaptación de obra teatral. Dirixe Roberto Cerdá.

O mércores 12 e o xoves 13, ás 21:00 horas, no Teatro Principal.

Compartir: