Luns 19 de novembro 2007

Axenda

Santiago dC

A sede do antigo Banco de España acolle a exposición "Santiago dC", pensada polo Consorcio de Santiago para achegar dun xeito diferente a realidade urbana da cidade e os seus cambios e transformacións nos quince anos de historia deste organismo interadministrativo.

A mostra componse de 200 fotografías que crean unha verdadeira cidade dentro da cidade, un espazo de reflexión que, dende o pasado, empurra cara o futuro.

Ata o 30 de decembro, no Banco de España (praza das Praterías).

Axenda

Os novos creadores do GZ Crea expoñen na Zona "C"

O Certame Galego de Creadores Novos GZcrea 2007 abre portas aos máis novos creadores galegos.

Do 8 de novembro ao 16 de decembor, na Zona "C", en San Domingos de Bonaval. Poderase ver a mostra todos os días, de 11:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00. Os luns, a Zona "C" pecha.

Axenda

Birimbao nun novo concerto didáctico para escolares

Como cada curso escolar, a Concellaría de Educación pon en marcha o programa de música para escolares de centros de ensino a través da Rede Cultural da Deputación da Coruña.

Nesta ocasión actúa Birimbao, cun espectáculo musical baseado na música tradicional e popular galega, mesturándoa coa música irlandesa, portuguesa, escocesa…mostrando o seu empeño en investigar novos sons para a música, sen perder a súa esencia galega. Poñen en escea unha gran cantidade de instrumentos de todo tipo: frauta traveseira, de pico, whistles, pandeireta, voz, teclados, batería acústica, percusión étnica e tradicional.

Os destinatarios do concerto son os alumnos de primaria. Os centros participantes serán: CEIP Colexiata de Sar, CEIP Arquitecto Casas Novoa, CEIP Lamas de Abade, CEIP Raíña fabiola e Colexio A Inmaculada.

O luns 19 de novembro, ás 10:30 horas, no Teatro Principal.

Axenda

Exposición de Quintana Martelo

O artista compostelán Quintana Martelo expón a súa obra gráfica.

Do 26 de setembro ao 5 de decembro, no Auditorio de Galicia e na Igrexa da Universidade.

Axenda

Cineuropa

Cineuropa celebra a súa XXI edición cun programa cheo de bo cine das máis diversa filmografías.

Do 6 de novembro ao 3 de decembro, nas seguintes salas: Teatro Principal, Salón Teatro, CGAC, Fundación Caixa Galicia e Aula Sociocultural de Caixa Galicia.

Axenda

"Golulá", no marco dos concertos didácticos

"Golulá", premiada como mellor espectáculo infantil no festival de Ciudad Rodrigo, volve ser presentada en Compostela no marco dos concertos didácticos do Auditorio. Nesta montaxe a música desempeña un importante papel.

O luns 19 de novembro, ás 11:00 horas, no Auditorio de Galicia.

Compartir: