Venres 16 de novembro 2007

Axenda

Santiago dC

A sede do antigo Banco de España acolle a exposición "Santiago dC", pensada polo Consorcio de Santiago para achegar dun xeito diferente a realidade urbana da cidade e os seus cambios e transformacións nos quince anos de historia deste organismo interadministrativo.

A mostra componse de 200 fotografías que crean unha verdadeira cidade dentro da cidade, un espazo de reflexión que, dende o pasado, empurra cara o futuro.

Ata o 30 de decembro, no Banco de España (praza das Praterías).

Axenda

Concerto Didáctico para Escolares a cargo do Grupo de Metais "Santa Cecilia"

Como cada curso escolar o Departamento de Educación pon en marcha o programa de música para escolares de centros de ensino do Concello de Santiago de Compostela a través da Rede Cultural da Deputación da Coruña. Este venres 16 actuará no Teatro Principal ás 10.30 o Grupo de Metais "Santa Cecilia".

A agrupación está composta por dúas trompetas, trompa, trombón, tuba e batería.O repertorio que interpretará o Grupo de Metais abarcará os seguintes bloques:
A música popular.
A música clásica con obras de Bach, Mozart, Rossini, etc.
A música moderna: música no cine, jazz, blues.
O destinatario deste concerto é o alumnado de Educación Primaria. En concreto neste concerto participan os centros de Lamas de Abade, Raíña Fabiola, Pío XII e Colexio San Paio, que cubren toda a oferta de prazas dispoñibles.

Axenda

Os novos creadores do GZ Crea expoñen na Zona "C"

O Certame Galego de Creadores Novos GZcrea 2007 abre portas aos máis novos creadores galegos.

Do 8 de novembro ao 16 de decembor, na Zona "C", en San Domingos de Bonaval. Poderase ver a mostra todos os días, de 11:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00. Os luns, a Zona "C" pecha.

Axenda

Exposición de Quintana Martelo

O artista compostelán Quintana Martelo expón a súa obra gráfica.

Do 26 de setembro ao 5 de decembro, no Auditorio de Galicia e na Igrexa da Universidade.

Axenda

Cineuropa

Cineuropa celebra a súa XXI edición cun programa cheo de bo cine das máis diversa filmografías.

Do 6 de novembro ao 3 de decembro, nas seguintes salas: Teatro Principal, Salón Teatro, CGAC, Fundación Caixa Galicia e Aula Sociocultural de Caixa Galicia.

Compartir: