Luns 8 de outubro 2007

Axenda

Santiago dC

A sede do antigo Banco de España acolle a exposición "Santiago dC", pensada polo Consorcio de Santiago para achegar dun xeito diferente a realidade urbana da cidade e os seus cambios e transformacións nos quince anos de historia deste organismo interadministrativo.

A mostra componse de 200 fotografías que crean unha verdadeira cidade dentro da cidade, un espazo de reflexión que, dende o pasado, empurra cara o futuro.

Ata o 30 de decembro, no Banco de España (praza das Praterías).

Axenda

Exposición de Quintana Martelo

O artista compostelán Quintana Martelo expón a súa obra gráfica.

Do 26 de setembro ao 5 de decembro, no Auditorio de Galicia e na Igrexa da Universidade.

Axenda

VIII Ciclo de Lied

Terceiro concerto do VIII Ciclo de Lied. O barítono Stephan Genz interpreta cancións do austríaco Hugo Wolf. Encadrado no período romántico, musicou os poemas de autores como Goethe, Michelangelo, Mörike ou Eichendorff.

O luns 8 de outubro, ás 21:00 horas, no Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC).

Compartir: