Sábado 20 de xaneiro 2007

Axenda

Teatro Escolar no Principal

"Buh! ¿quen non pasou unha noite de medo?" é a obra que poderán ver os máis novos ao longo de varias representacións. O elenco de Berrobambán fórmano Teresa Rodríguez, Manolo Vázquez, Lorena Conde e Chiqui Pereira. Dirixe Paula Carballeira.

Os días 10, 11, 12, 15, 16, 17, 18, 19 e 22 de xaneiro, ás 10:30 horas, no Teatro Principal.

Axenda

Exposición "Memorial da liberdade"

O Auditorio de Galicia acolle a exposición "Memorial da Liberdade. Represión e Resistencia en Galicia 1936-1977", comisariada por Enrique Acuña.

Do 3 de novembro de 2006 ao 31 de xaneiro de 2007.

Horario: todos os días de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas (excepto os días de concerto ata as 19:00 h).

Axenda

Ciclo de cine sobre dereitos humanos

O Teatro Principal acolle unha mostra de cinema no que a tematica fundamental son os dereitos humanos.

Do 15 ao 21 de xaneiro, en diferentes horarios, no Teatro Principal.

Axenda

Curso de teatro no Castiñeiriño

A Asociación de Veciños O Castiñeiro e a AC Xurásica botan a andar a Aula de Teatro do Castiñeiriño. O barrio contará cunha actividade máis para a súa oferta de lecer, unhas clases impartidas pola actriz Ursia Gago e o seu equipo.

Do 10 de outubro de 2006 ao 30 de xuño de 2007, de 20:30 a 22:30 horas, no Castiñeiriño.

Compartir: