Venres 9 de xuño 2006

Axenda

Cruso básico en xestión de calidade para ONG de acción social

O Centro Sociocultural de Conxo (Praza Aurelio Aguirre, 1) acolle do 7 ao 9 de xuño, un Curso básico en xestión de calidad para ONG de acción social.

Trátase dun primeiro nivel formativo sobre calidade nas ONG, co seguinte temario:

Unidade 1: As ONG e o seu contexto
Unidade 2: O reto da calidade nas ONG
Unidade 3: Condicións organizativas da calidade
Unidade 4: Metodoloxías para preparar á organización
4.1. A planificación estratéxica
4.2. Liderazgo e xestión de equipos
Unidade 5: Principios da calidade
Unidade 6: Clientes
Unidade 7: Procesos e resultados
Unidade 8: Implantación dun modelo
Unidade 9: Ventaxas e inconvenientes

O curso é de 20 horas lectivas, distribuidas en 2 días e medio: mércores e jueves, en xornada de mañá e tarde; o venres, 4 horas pola mañá.

Axenda

Feira do Libro Antigo e de Ocasión

O Paseo Central da Alameda acolle unha nova edición da Feira do Libro Antigo e de Ocasión. Dez librarías ofrecen ao visitante a súa colección de libros, comics, revistas ou carteis.

Ata o 18 de xuño, no Paseo Central da Alameda.

Axenda

"Xoves poéticas surrealistas" na Fundación Granell

O día 1de xuño, inaugúrase outro espazo cunha programación propia, o ciclo "Xoves poéticas surrealistas", a desenvolver na actual sala de conferencias, orientado a aqueles/as xoves creadores/ as que utilicen como eixo fundamental da súa obra, a estética surrealista.

A primeira exposición deste ciclo é "Leningrad", exposición de colaxe, do artista Bies Golas (Miguel Calvo Ulloa) que permanecerá aberta ata o 25 de Xuño.

Axenda

5 hombres y mujeres.com no Auditorio

O Auditorio de Galicia acolle o espectáculo de humo "5 hombres y mujeres.com"

O venres ás 22.00 horas e o sábado ás 20:00 e 23:00 horas, no Auditorio de Galicia.

Axenda

Festa do Circo

A Sala Nasa acolle unha peculiar Festa do Circo.

Do 8 ao 10 de xuño, ás 23:00 horas, na Sala Nasa.

Compartir: