Martes 20 de xuño 2006

Axenda

Culturas do Mundo. Coleccións do Museo de Dinamarca

A Fundación "la Caixa", o Departamento de Educación e Mocidade e a Consellería de Innovación e Industria colaboran na realización da exposición sobre "Culturas do Mundo. Coleccións do Museo de Dinamarca".

Os destinatarios son centros escolares, colectivos, asociacións e público en xeral.

En San Martiño Pinario, do 14 ao 27 de agosto.

Horarios de visita: De martes a domingo, de 10:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 21:00 horas.

Visitas guiadas para grupos: previa cita no teléfono 981 55 44 00 (Departamento de Educación e Mocidade do Concello de Santiago).

Axenda

Semana Cultural na Trisca

O Centro Sociocultural da Trisca celebra a terceira edición da súa Semana Cultural.

Luns19

11.00 h
• Sesion de música e movemento no marco do taller de Ximnasia terapeutica para maiores.Sala de talleres.

Martes 20

18.00 h
• Inauguración dos actos da III Semana cultural A Trisca a cargo da Concellei¬ra delegada de centros socioculturais Dna. Mercedes Rosón Ferreiro.
• Presentación a cargo do artista Mauro Trastoy do mural gráfico feito no parque público A Trisca, que evoca o tema desta semana cultural: a íntima relación entre as persoas e as máquinas.

PROGRAMA MUSICAL
18.15 h
• Dúo de guitarra e trombón.Asociación musical Alfaia (Guitarra) e Linas Baltusis (Trombón).
19.00 h
• Coral A Xuntanza.

PROGRAMA INFANTIL
18.30 h
• Contacontos a cargo de Soledad Felloza.Aula de xogo infantil.

Mércores 21

11.00 - 13.00 h
• Laboratorio de animación.Espazo onde se desenvolve a pro¬ducción de clips de animación con plastilina e outros materiais. Experi¬mentación cos procesos de bocetaxe, modelado, escenografía, fotografía, tratamento informático, montaxe e proxección.Visitarannos dous grupos de alumnos/as do CEIP Vilas Alborada.
18.30 h
• Visita á Imprenta AtlasDescubre os procesos artesanais de impresión.Guia o tipógrafo Antonio Fernández.
20.30 h
• Velada-faladoiro literario "Sentires".Participan os clubs de lectura da rede sociocultural.Velada aberta ao público interesado.Terraza.

Xoves 22

11.00 h
• Sesion de música e movemento no marco do taller de ximnasia terapéuti¬ca para maiores.Sala de talleres.
18.30 h
• Laboratorio de animaciónEspazo onde se desenvolve a pro¬ducción de clips de animación con plastilina e outros materiais. Experi¬mentación cos procesos de bocetaxe, modelado, escenografía, fotografía, tratamento informático, montaxee proxección.Salón de actos.
23.00 h
• Cine ao aire libre."El Castillo ambulante".Parque público A Trisca.

Venres 23

18.30hrs
• Contacontos.A cargo do grupo Trinke-trinke.Aula de xogo.
19.00 h
• Actuación: Aula de Teatro Municipal "Anxel Casal" de Arzúa.Obra: O Pazo, de Manuel Lugrís Freire.Salón de actos.
• Noite de cacharelas e meigallos, gocemos do barrio!

Sábado 24

10.30 h
• Mercadillo de actividades para nenos/as a cargo das mestras de pedagoxia Waldford, "mañanas creativas".Aula de xogo.
12.00 h
• Taller de xogos con máquinas e ferra¬mentas.Aula de talleres.
17.00 a 21.00 h

ZOCO PERSOA MÁQUINA
• Mercadillo de máquinas e das persoas que as utilizan creativamente.
• Espazo de mostra electrónica, arte,comunicación e alimentación(consulta programa específico).
Durante estas datas mantemos a programación e servizos habituais do centro.
• No barrio, o colexio Alborada celebra tamén a súa vixési¬ma primeira semana cultural con atractivas actividades, e xa se sinte o ambente das proximas festas do San Pedro a partir do 29 de Xuño ata o 2 de Xullo, organizadas polas diversas entidades do barrio.
Gocemos do movemento!
• Dispomos tamén dunha pequena escolma fotográfica das festas de ano anteriores, cedidas polas entidades veciñais do barrio e polo grupo de teatro Histeria."

Axenda

"Xoves poéticas surrealistas" na Fundación Granell

O día 1de xuño, inaugúrase outro espazo cunha programación propia, o ciclo "Xoves poéticas surrealistas", a desenvolver na actual sala de conferencias, orientado a aqueles/as xoves creadores/ as que utilicen como eixo fundamental da súa obra, a estética surrealista.

A primeira exposición deste ciclo é "Leningrad", exposición de colaxe, do artista Bies Golas (Miguel Calvo Ulloa) que permanecerá aberta ata o 25 de Xuño.

Axenda

Baile galego no Principal

Brincadeira trae ao Teatro Principal unha mostra dos bailes galegos.

O martes 20 de xuño, ás 21:00, no Teatro Principal.

Compartir: