Venres 2 de xuño 2006

Axenda

Sen Xeración

O Auditorio de Galicia acolle a mostra "Sen Xeración", en referencia á obra dunha serie de artistas, trece en total, que por diferentes circunstancias, a historia quixo deixar "sen xeración". A intención do proxecto é investigar e analizar o acontecido neste últimos anos no ámbito artístico de Galicia.

Do 26 de abril ó 8 de xuño no Auditorio de Galicia.

Axenda

"Xoves poéticas surrealistas" na Fundación Granell

O día 1de xuño, inaugúrase outro espazo cunha programación propia, o ciclo "Xoves poéticas surrealistas", a desenvolver na actual sala de conferencias, orientado a aqueles/as xoves creadores/ as que utilicen como eixo fundamental da súa obra, a estética surrealista.

A primeira exposición deste ciclo é "Leningrad", exposición de colaxe, do artista Bies Golas (Miguel Calvo Ulloa) que permanecerá aberta ata o 25 de Xuño.

Axenda

A Real Filharmonía interpreta a Falla

Antoni Ros Marbá dirixe á Filharmonía e máis ao violinista Mark Kaplan nun concerto cun repertorio integrado por unha obra de encargo de Trillo, o "Concerto para violín núm. 1 en sol menor, op. 26" de Bruch, e "O Sombreiro de Tres Picos", de Manuel de Falla.

O venres 2 de xuño, ás 21:00 horas, no Auditorio de Galicia.

Axenda

"O velorio de Pat O'Connor" no Principal

A Aula de Teatro da Universidade de Santiago de Compostela representa "O velorio de Pat O´Connor", coa que celebra os seus quince anos de existencia.

O xoves 1 de xuño, ás 21:00 horas, no Teatro Principal.

Compartir: