Martes 13 de xuño 2006

Axenda

Culturas do Mundo. Coleccións do Museo de Dinamarca

A Fundación "la Caixa", o Departamento de Educación e Mocidade e a Consellería de Innovación e Industria colaboran na realización da exposición sobre "Culturas do Mundo. Coleccións do Museo de Dinamarca".

Os destinatarios son centros escolares, colectivos, asociacións e público en xeral.

En San Martiño Pinario, do 14 ao 27 de agosto.

Horarios de visita: De martes a domingo, de 10:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 21:00 horas.

Visitas guiadas para grupos: previa cita no teléfono 981 55 44 00 (Departamento de Educación e Mocidade do Concello de Santiago).

Axenda

II Semana Cultural do Castiñeiriño

O Centro Sociocultural do Castiñeiriño celebra a segunda edición da súa Semana Cultural cun amplo programa de actividades.

MARTES 13

19.00 h
• Acto de inauguración a cargo da Concelleira de Centros
Socioculturais, Dna. Mercedes Rosón Ferreiro.
• Exposición conmemorativa do 75 aniversario das primeiras eleccións da II República:
"Imaxe gráfica da II República". Fundación 10 de marzo.
• Actuación do coro do CSC do Castiñeiriño.
• Viño galego.

MÉRCORES 14

16.00 h
• Faladoiro radiofónico (Radio Obradoiro).
• Xogos informáticos en rede.

18.00 h
• Taller de radio (Radio Obradoiro).

19.00 h
• Contacontos a cargo de Soledad Felloza.

20.00 h
• Charla sobre nutrición na terceira idade impartida por Shaila Mira Espasandín, Cristina Ocho Pereira e Ana Escais Rodríguez, técnicas superiores en dietética
e nutrición.

23.00 h
• Cine ao aire libre: proxección do filme Mar adentro.

XOVES 15

16.00 h
• Xogos informáticos en rede.

18.00 h
• Xogos de orientación polo barrio.

20.00 h
• Campionato de fútbol chapa.

20.30 h
• Grupo Municipal de Teatro de Ames coa obra
"Caricias" de Serge Belbel

VENRES 16

16.00 h
• Faladoiro radiofónico (Radio Obradoiro).
• Xogos informáticos en rede.

17.00 h
• Festa de espuma.

18.00 h
• Taller de radio (Radio Obradoiro).

23.00 h
• Cine o aire libre:
proxección do filme O castelo ambulante.

SÁBADO 17

17.00 h
• Faladoiro radiofónico.
• Baile co dúo Glamour.
• Concurso de repostería (organiza Asociación Cultural Amigos do Castiñeiriño).
• Campionato de xogos tradicionais (organiza Asociación
Cultural Amigos do Castiñeiriño).

19.00 h
• Festival xuvenil.
• Campionato de tute mulleres contra homes (organiza Asociación Cultural Amigos do Castiñeiriño).

21.00 h
• Clausura da II Semana Cultural do Castiñeiriño soltando
globos con mensaxes.

Axenda

Feira do Libro Antigo e de Ocasión

O Paseo Central da Alameda acolle unha nova edición da Feira do Libro Antigo e de Ocasión. Dez librarías ofrecen ao visitante a súa colección de libros, comics, revistas ou carteis.

Ata o 18 de xuño, no Paseo Central da Alameda.

Axenda

"Xoves poéticas surrealistas" na Fundación Granell

O día 1de xuño, inaugúrase outro espazo cunha programación propia, o ciclo "Xoves poéticas surrealistas", a desenvolver na actual sala de conferencias, orientado a aqueles/as xoves creadores/ as que utilicen como eixo fundamental da súa obra, a estética surrealista.

A primeira exposición deste ciclo é "Leningrad", exposición de colaxe, do artista Bies Golas (Miguel Calvo Ulloa) que permanecerá aberta ata o 25 de Xuño.

Axenda

A Real Filharmonía interpreta a Bartok e Schumann

Concerto de abono da Real Filharmonía, coa dirección de Josep Pons. Katia e Marielle Labèque estará ao piano, e Silvio Gualda e Jean Pierre Drouet na percusión. Interpretarán o seguinte programa:

Bartok, "Concerto para dous pianos e percusión (vers. orq. da sonata)"

Schumann, "Sinfonía núm. 2 en Do maior, op. 61"

O xoves 15, ás 21:00 horas, no Auditorio de Galicia.

Compartir: