Martes 9 de maio 2006

Axenda

Sen Xeración

O Auditorio de Galicia acolle a mostra "Sen Xeración", en referencia á obra dunha serie de artistas, trece en total, que por diferentes circunstancias, a historia quixo deixar "sen xeración". A intención do proxecto é investigar e analizar o acontecido neste últimos anos no ámbito artístico de Galicia.

Do 26 de abril ó 8 de xuño no Auditorio de Galicia.

Axenda

Danzas do mundo

Diversos espacios da cidade acollen o "Move´m Cult & Danza 2006", unha oportunidade de desfrutar dos ritmos e das danzas de diversas partes do mundo.

En varios espazos da cidade, do 8 ó 13 de maio.

Axenda

XV Semana Aniversario do Centro Sociocultural "José Saramago" de Vite

O Centro Sociocultural "José Saramago" organiza unha semana chea de actividades.

Do sábado 6 de maio ó venres 12 de maio, no Centro Sociocultural.

PROGRAMA:

Sábado 6

18:00 h
Cine para tódolos públicos.
King Kong.

17:45 h
Inauguración da semana cultural, a cargo de Mercedes Rosón, concelleira de Centros Socioculturais.

18:00 h
Actuación Coral "Voces do Camiño"
Programa:
Aí ven o maio.
Silencio.
Moon River.
Luci care.
Hoy estoy aquí.
Adios ríos.

Luns 8

11:00-12:00 h
Teatro para nenos.
Cucho, Coco e o dilema do seis.
Cachirulo teatro.

18:00-19:30 h
Obradoiro de caligrafía árabe.

19:30- 21:00 h
Danzas do mundo, danzas gregas, israelís e latinas.
Imparte: Luís Varela.

21:00 h
SAMBA
Imparte Mirian Haz.
Mostra gastronómica do Brasil.

Martes 9

17:30- 18:30 h
Exhibición de Tai Chi

19:30- 21.00h
Danzas colombianas (Cumbia, porro, currelaos)

21:00 h
ALMUSICA.
Concerto. Encontro coa vibración, (didgeridoo, cuncas tibetanos, harmónicos vocais).

19:00 h
Actuación MagoVituco Para nenos e nenas na Ludoteca.

Mércores 10

17:30- 19:00 h
Taller de Origami (papiroflexia).

19:30- 21:00 h
Danza Xitana, introdución ao flamenco.
Imparte: Carmen Mejuto.

18:00 h
TALLER DE PEPES- PORTA CHAVES (nenos e nenas).

19:00 h
GLOBOFLEXIA (nenos e nenas).

Xoves 11

19:30- 21:00 h
DANZAS TERAPÉUTICAS.
Espazo para liberar corpo e emocións a través da danza libre.

18:00 h
LUDOCHAPA (nenos e nenas).

Venres 12

17:30- 19:00 h
RITUAL DE TÉ SAHARAUI.

19:30-22:30 h
DANZA ORIENTAL (Danzas antigas do Al-Andalus).
Imparte: Lesya Star.

19:00h
CONTACONTOS (nenos e nenas).

Axenda

Exposición sobre Mozart en Fontiñas

Cúmprense 250 anos do nacemento de Mozart. Con este motivo, o Concello de Santiago de Compostela, a través do Departamento de Centros Socioculturais, e a Editorial Everest organizan unha exposición e talleres sobre o compositor.

O acto de inauguración, o venres 5 de maio, ás 20:30 horas, no Centro Sociocultural de Fontiñas.

Axenda

Grafitti na era dixital

The Chemical Orange (autor da montaxe) mostra unha selección de graffitis feitos con plantilla atopados nas rúas coa finalidade de achegar ó público este estilo de arte urbano. A montaxe foi producida co apoio da Rede Municipal de Centros Socioculturais.

No Café Terra Nova do 2 ao 31 de maio.

Axenda

Seminario Formativo de Educación Familiar

Os Servizos Sociais Municipais organizan o Seminario Formativo de Educación Familiar

Os Servizos Sociais Municipais pon en marcha o Seminario Formativo de Educación Familiar que se desenvolve no Centro sociocultural de Fontiñas, nos meses de abril e maio do presente ano 2006, os mércores de 16 h a 18h.

PROGRAMACIÓN:

1ª Sesión. Día 19 de abril de 2006. Esta sesión divídese en dúas partes:
1ª parte: Título: "Servizos Sociais. O programa de intervención familiar" Imparte unha traballadora social do Concello.

Os obxectivos serán os seguintes:
- Promover un axeitado coñecemento dos servizos sociais.
- Promover un axeitado emprego do sistema de servizos sociais.
- Presentar os obxectivos reais do programa de intervención familiar.
- Traballar a motivación hacia o programa de intervención familiar.

2ª parte: Título: "Area de Relacions Sociais: Dereitos e deberes como cidadáns." Exposición por parte dunha Avogada.

Obxectivos da dinámica son os seguintes:
-Coñecemento dos dereitos/ deberes como cidadáns.
-Informar das consecuencias do incumplimento das obrigas como cidadáns..
-Coñecemento dos recursos xurídicos.

2ª Sesión. 26 de abril de 2006

Título: "Área de Saúde. Sexualidade." Exposición por parte dunha Educadora social.
Contidos:
-Métodos anticonceptivos e a súa correcta utilización.
-Hixene persoal.

3ª Sesión. 3 de maio:
Título: "Area de Relacións Sociais. Habilidades Sociais." Exposición por parte dunha Psicologa do Departamento da Muller.

Obxectivos:
-Mellora de destrezas
-Desenrolo desta habilidade

4ª Sesión. 10 de maio.
Título: Área escolar: Charla impartida por unha orientadora escolar, cos seguintes contidos:
-Promover axeitadas relacións pais escola.
-Prevención do absentismo escolar.


5ª Sesión. 24 de maio
Título: "Área de Saúde". Charla impartida por unha enfermeira de atención primaria, cos seguintes contidos:
-Axeitada utiliación do sisitema sanitario.
-Promover axeitados coidados da saude.
-Prevención.

6ª Sesión. 31 de maio.
Título: "Area de Emprego." Impartida por técnicos de emprego dos Servizos Sociais Municipais.

Os obxectivos da sesión son os seguintes:
-Coñecer cauces de inserción laboral
-Importancia da formación no mundo laboral

Realizaranse actividades programadas cos menores que acudan coas familias a estes seminarios. Levadas a cabo polas educadoras do Programa de Intervención Familiar.

Axenda

Teatro de Bernard Marie Koltés na Nasa

Teatro Dom trae á Sala Nasa a La Nuit juste avant les forêts, a ópera prima do dramaturgo francés Bernard Marie Koltés.

Do 4 ó 13 de maio de 2006, ás 22.00 horas, na Sala Nasa.

Compartir: