Martes 30 de maio 2006

Axenda

Sen Xeración

O Auditorio de Galicia acolle a mostra "Sen Xeración", en referencia á obra dunha serie de artistas, trece en total, que por diferentes circunstancias, a historia quixo deixar "sen xeración". A intención do proxecto é investigar e analizar o acontecido neste últimos anos no ámbito artístico de Galicia.

Do 26 de abril ó 8 de xuño no Auditorio de Galicia.

Axenda

Concerto didáctido da Banda

Concerto didáctico da Banda Municipal de Santiago.

O martes 30, ás 10:30 horas, no Teatro Principal.

Axenda

Exposición sobre Mozart en Fontiñas

Cúmprense 250 anos do nacemento de Mozart. Con este motivo, o Concello de Santiago de Compostela, a través do Departamento de Centros Socioculturais, e a Editorial Everest organizan unha exposición e talleres sobre o compositor.

O acto de inauguración, o venres 5 de maio, ás 20:30 horas, no Centro Sociocultural de Fontiñas.

Axenda

Grafitti na era dixital

The Chemical Orange (autor da montaxe) mostra unha selección de graffitis feitos con plantilla atopados nas rúas coa finalidade de achegar ó público este estilo de arte urbano. A montaxe foi producida co apoio da Rede Municipal de Centros Socioculturais.

No Café Terra Nova do 2 ao 31 de maio.

Compartir: