Martes 30 de outubro 2012
Axenda
"Eugenio Granell no paraíso centroamericano, 1940-1956"
O Auditorio acolle a mostra Eugenio Granell no paraíso centroamericano, 1940-1956, enmarcada no centenario de nacemento do artista. Un rigoroso traballo de selección Pilar Corredoira, comisaria desta mostra, que nos permite coñecer a fondo a etapa do exilio en Santo Domingo, Guatemala e Porto Rico.
Do 4 de xullo ao 4 de novembro, no Auditorio de Galicia.
Máis información: Compostela Capital Cultural
Axenda
"Aquaflora", mostra fotográfica de Andrés Vilas no Ensanche
Andrés Vilas expón as súas fotografías nunha exposicion no Ensanche baixo o título Aquaflora.
Do 17 ao 30 de outubro no Centro Sociocultural e Xuvenil Municipal do Ensanche.
Axenda
Xornadas de Música Contemporánea
Penúltima entrega das Xornadas de Música Contemporánea, co seguinte programa:
- Ensemble s21
Europa Leste - Europa Oeste. Wladimir Rosinskij
- Ton Risco vibráfono/percusión
Jacobo de Miguel piano
Dúo
Martes 30 de outubro:
- Ensemble s21, ás 20:00 horas, no Auditorio de Galicia.
- Ton Risco, ás 22:30 horas, no Centro Galego de Arte Contemporánea.
Máis información: Compostela Capital Cultural