Martes 9 de marzo 2010
Axenda
Mesa redonda sobre igualdade de xénero
Con motivo do Día Internacional da Muller (8 de marzo), celébrase unha mesa redonda baixo o título Mulleres, protagonistas do desenvolvemento. Contará coa participación de Mar Martín, concelleira de Benestar Social e Igualdade; Eva Castaño, presidenta da Asociación de Mulleres Progresistas ALBA; Sandra Dacosta, da Asemblea de Cooperación pola Paz, Comisión de Xénero da Coordinadora Galega de ONGD; e Rita Radl, profesora de Socioloxía da Educación da USC.
O martes 9 de marzo, ás 19:00 horas, na Fundación Caixa Galicia.
Axenda
Antía Moure expón as súas "Grandes Batallas" na Zona C
A Zona "C" acolle a exposición fotográfica de Antía Moure, titulada Grandes Batallas.
Ata o 21 de maio, na Zona "C".