Xoves 18 de marzo 2010
Axenda
A mostra "María Xosé Díaz 1980-2010", no Auditorio de Galicia
"María Xosé Díaz 1980-2010" é o título da exposición que amosa unha compilación da obra desta artista nada en Catoira. A mostra está comisariada por Antonio Garrido Moreno.
Do 11 de marzo ao 20 de xuño, no Auditorio de Galicia.
Axenda
Ensaio aberto da Banda Municipal
A Banda Municipal de Santiago ofrece ao público compostelán un ensaio aberto. Durante o mesmo realizarase unha presentación dos membros da Banda e unha breve explicación sobre a agrupación.
O xoves 18 de marzo, ás 12:00 horas, no Auditorio de Galicia.
Axenda
Antía Moure expón as súas "Grandes Batallas" na Zona C
A Zona "C" acolle a exposición fotográfica de Antía Moure, titulada Grandes Batallas.
Ata o 21 de maio, na Zona "C".
Axenda
Chaikovski e Scriabin coa batuta de Víctor Pablo Pérez
A Orquestra Sinfónica de Galicia é a formación convidada neste concerto do programa de abono. Baixo a batuta de Víctor Pablo Pérez, interpretará pezas de Chaikovski e Scriabin, con Pilar Vázquez como mezzosoprano, Roger Padulés como tenor e Guidon Kremer como violín solista.
O xoves 18 de marzo, ás 21:00 horas, no Auditorio de Galicia.