Xoves 14 de xaneiro 2010

Axenda

Exposición do VI Premio Auditorio de Galicia para Novos Artistas

Unha selección de 35 obras de entre as 158 presentadas compoñen a Exposición do VI Premio Auditorio de Galicia para Novos Artistas.

A mostra está composta polas obras pertencentes aos seguintes artistas: Mª Covadonga Barreira, Borja Doel, Joan Morera, A Ama de casa, Sara Fuentes, Desperfecta, Nuria Villa, Ignacio García, Fruela Alonso, Holga Méndez, Mónica Cabo, Víctor Hugo Costas, Tamara Feijoo, Josetxu F. Cárcamo, Fran Miguens, Juan Varela, Damián Ucieda, Enrique Lista, Chas, Nicolás Combarro, Jesús Madriñán, Maribel Castro, Christian García Bello, Marcos Blanco, Dolores Fuertes, Mauro Trastoy, Eduardo Valiña, Jacobo Bugarín, Batbirulau, Nuria Ruibal, Olmo Blanco, Raquel Durán, Jorge Migoya, Olmo Cuña e Fur Alle Falle.

Do 2 de decembro ao 28 de febreiro, no Auditorio de Galicia.

Axenda

Pista de xeo en Amio

Todos os composteláns están chamados a gozar da patinaxe sobre xeo na pista instalada no Recinto Feiral de Amio.

Do 18 de decembro ao 17 de xaneiro, no Recinto Feiral de Amio.

Horarios:
- De domingo a mércores: 11:00 a 14.00 e 16:00 a 22:00 horas.

- De xoves a sábado. 11.00 a 14:00 e 16:00 a 02:00 horas.

Axenda

"Microvoyages", de Esther Ruíz de Pablos, na Zona C

Baixo o nome de Microvoyages, a novísima Esther Ruíz de Pablos presenta este proxecto expositivo no que domina o espírito audiovisual.

A mostra é o resultado do traballo do Máster en Arte, Museoloxía e Crítica Contemporánea da Universidade de Santiago de Compostela e está comisariado por Antonio Díaz Correa.

Do 5 de novembro ao 31 de xaneiro na Zona C.

Axenda

Ciclo de cine Rafael Azcona

A Concellería de Cultura e o profesor Ángel Hueso colaboran coa Academia de las Artes y las Ciencias Cinematográficas de España nun ciclo de homenaxe a un dos máis destacados guionistas do sétimo arte, Rafael Azcona. O Teatro Principal acolle a proxección de cinco das súas películas máis destacadas: El verdugo, de García Berlanga; La gran comilona, de Marco Ferreri; e Los girasoles ciegos, El lenguaje de las mariposas e El bosque animado, de José Luis Cuerda.

Do 11 ao 15 de xaneiro, ás 20:00 horas, no Teatro Principal.

Axenda

Concerto da Real Filharmonía con obras de Chaikovski, Groba e Mozart

Novo concerto da Real Filharmonía de Galicia, nesta ocasión dirixida por Manuel Hernández Silva. A orquestra contará coa colaboración do frautista Luis Julio Toro. Interpretará obras de Chaikovski, Groba e Mozart.

O xoves 14 de xaneiro, ás 21:00 horas, no Auditorio de Galicia.

Compartir: