Venres 11 de setembro 2009

Axenda

A mostra "En branco", de Jesús Madriñán, na Zona "C"

Jesús Madriñán expón a súa obra na Zona "C", nunha mostra comisariada por Clara Rodríguez Cordeiro e coa colaboración do Máster en Arte, Museoloxía e Crítica Contemporánea da Universidade de Santiago.

Do 24 de xuño ao 20 de setembro, na Zona "C".

Axenda

Primeiro concerto do X Ciclo de Lied

O Teatro Principal recibe o primeiro concerto do X Ciclo de Lied de Santiago, que este ano recibe o nome de O círculo máxico dos mestres do lied.

Esta noite será o barítono Florian Boesch quen cantará acompañado ao piano por Roger Vignoles. O programa estará composto por pezas de Schumann e Schubert sobre textos de Heinrich Heine.

O venres 11 de setembro, ás 21:00 horas, no Teatro Principal.

Compartir: