Mércores 3 de xuño 2009

Axenda

Montse Rego expón "Diñeiro" na Zona "C"

A Zona "C" da rúa de Bonaval é unha iniciativa da concellaría de Cultura que xurdiu hai máis dun ano coa finalidade de achegar un espazo a artistas novos de Compostela de se dar a coñecer ante a crítica e o público da cidade. Neste caso foi Montse Rego a que preparou unha exposición específica para o espazo da galería que leva por nome Diñeiro.

Do 29 de abril ao 14 de xuño, na Zona "C".

Axenda

Obradoiro de caixas na Rocha

O Centro Sociocultural da Rocha ofrece a oportunidade de aprender a contruír caixas a partir de distintos materiais nun singular obradoiro.

O mércores 3 de xuño, ás 18:00 horas, no CSC da Rocha.

Compartir: