Domingo 21 de xuño 2009

Axenda

"Mulleres en plural": exposición fotográfica no Auditorio

O Auditorio de Galicia acolle unha mostra que leva por título Mulleres en plural. As mulleres a través do obxectivo dos grandes fotógrafos do século XX. Está comisariada por Lola Garrido e conta con traballos de fotógrafos de talla internacional como Robert Frank, Alberto García-Alix ou o galego Vari Caramés.

Do 11 de xuño ao 2 de agosto, no Auditorio de Galicia.

Axenda

Concerto da Banda Municipal de Música

A Banda Municipal de Música, baixo a batuta de Casiano Mouriño, ofrece o habitual concerto da mañá dos domingos.

O domingo 21 de xuño, ás 12:00 horas, na rúa do Vilar.

Axenda

II Encontro de Corais no CSC do Castiñeiriño

O Centro Sociocultural do Castiñeiriño promove o II Encontro de Corais de Compostela, no que se han reunir os coros das distintas agrupacións da cidade.

O domingo 21 de xuño, ás 18:30 horas, no CSC do Castiñeiriño.

Axenda

"Babiliglub", de Galitoon Productions, no Principal

¿Sería posible contar unha historia con catro palabras? Unha pregunta que soa a reto para o valente protagonista desta historia, un peixiño que só sabe dicir Miau!. Galitoon Productions encárgase desta obra de monicreques en luz negra.

O domingo 21 de xuño, ás 18:30 horas, no Teatro Principal.

Compartir: