Venres 19 de xuño 2009

Axenda

"Mulleres en plural": exposición fotográfica no Auditorio

O Auditorio de Galicia acolle unha mostra que leva por título Mulleres en plural. As mulleres a través do obxectivo dos grandes fotógrafos do século XX. Está comisariada por Lola Garrido e conta con traballos de fotógrafos de talla internacional como Robert Frank, Alberto García-Alix ou o galego Vari Caramés.

Do 11 de xuño ao 2 de agosto, no Auditorio de Galicia.

Axenda

Obradoiro de graffiti con Mou no Castiñeiriño

O Centro Sociocultural do Castiñeiriño acolle un obradoiro para todos os afeccionados á técnica do graffiti, a cargo de Mou.

O venres 19 de xuño, ás 16:00 horas, no CSC do Castiñeiriño.

Axenda

Xogos de sempre nas Fontiñas

O programa Aula de Xogo do Centro Sociocultural das Fontiñas organiza unha actividade dirixida aos máis pequenos baixo o títullo de Xogos de sempre… no parque! Xogos sorpresa.

O venres 19 de xuño, ás 18:30 horas, no CSC das Fontiñas.

Axenda

"Pinocho", de Títeres Cachirulo, no CSC do Castiñeiriño

Espectáculo infantil de Títeres baseado no conto de Carlo Collodi As aventuras de Pinochio . O famoso monicreque feito por Geppeto vive as máis incribles aventuras para chegar a ser un neno de verdade, feito e dereito.

O venres 19 de xuño, ás 19:00 horas, no CSC do Castiñeiriño.

Compartir: