Xoves 11 de xuño 2009

Axenda

"Mulleres en plural": exposición fotográfica no Auditorio

O Auditorio de Galicia acolle unha mostra que leva por título Mulleres en plural. As mulleres a través do obxectivo dos grandes fotógrafos do século XX. Está comisariada por Lola Garrido e conta con traballos de fotógrafos de talla internacional como Robert Frank, Alberto García-Alix ou o galego Vari Caramés.

Do 11 de xuño ao 2 de agosto, no Auditorio de Galicia.

Axenda

Montse Rego expón "Diñeiro" na Zona "C"

A Zona "C" da rúa de Bonaval é unha iniciativa da concellaría de Cultura que xurdiu hai máis dun ano coa finalidade de achegar un espazo a artistas novos de Compostela de se dar a coñecer ante a crítica e o público da cidade. Neste caso foi Montse Rego a que preparou unha exposición específica para o espazo da galería que leva por nome Diñeiro.

Do 29 de abril ao 14 de xuño, na Zona "C".

Axenda

Concerto da Banda Municipal de Música na Rúa do Vilar

A Banda Municipal de Música volve saír á rúa, baixo a dirección de Casiano Mouriño para deleitar os viandantes cun novo recital.

O xoves 11 de xuño, ás 19:30 horas, na rúa do Vilar.

Compartir: