Xoves 30 de abril 2009

Axenda

Montse Rego expón "Diñeiro" na Zona "C"

A Zona "C" da rúa de Bonaval é unha iniciativa da concellaría de Cultura que xurdiu hai máis dun ano coa finalidade de achegar un espazo a artistas novos de Compostela de se dar a coñecer ante a crítica e o público da cidade. Neste caso foi Montse Rego a que preparou unha exposición específica para o espazo da galería que leva por nome Diñeiro.

Do 29 de abril ao 14 de xuño, na Zona "C".

Axenda

Redrum Teatro pon en escena "A pensión", de Álex Sampayo

A Pensión é un conto de suspense que explora as consecuencias da soedade, mergullándose nun mundo interior complexo, produto do abandono, do illamento e da falta de comunicación. A obra, dirixida por Álex Sampayo, chega a Santiago da man de Redrum Teatro.

O mércores 29 e o xoves 30 de abril, ás 21:00 horas, no Teatro Principal.

Compartir: