Sábado 5 de decembro 2009

Axenda

Exposición do VI Premio Auditorio de Galicia para Novos Artistas

Unha selección de 35 obras de entre as 158 presentadas compoñen a Exposición do VI Premio Auditorio de Galicia para Novos Artistas.

A mostra está composta polas obras pertencentes aos seguintes artistas: Mª Covadonga Barreira, Borja Doel, Joan Morera, A Ama de casa, Sara Fuentes, Desperfecta, Nuria Villa, Ignacio García, Fruela Alonso, Holga Méndez, Mónica Cabo, Víctor Hugo Costas, Tamara Feijoo, Josetxu F. Cárcamo, Fran Miguens, Juan Varela, Damián Ucieda, Enrique Lista, Chas, Nicolás Combarro, Jesús Madriñán, Maribel Castro, Christian García Bello, Marcos Blanco, Dolores Fuertes, Mauro Trastoy, Eduardo Valiña, Jacobo Bugarín, Batbirulau, Nuria Ruibal, Olmo Blanco, Raquel Durán, Jorge Migoya, Olmo Cuña e Fur Alle Falle.

Do 2 de decembro ao 28 de febreiro, no Auditorio de Galicia.

Axenda

Compostela Conta

Compostela Conta é un programa educativo de nova creación, dirixido a todas as idades, coa finalidade de ensinar dun modo lúdico, didáctico e divertido o coñecemento histórico e arqueolóxico sobre un sector da Cidade Histórica.

Executarase a través de dúas actividades:

- Un Gran Xogo: consistirá na realización, por grupos, de probas de habilidade, coñecemento, destreza, interpretación, investigación dun xeito dinámico e lúdico, introducindo aos participantes en diferentes momentos históricos a través de personaxes.

- A Visita Guiada, a través dunha dramatización, consistente nun itinerario polo sector guiado por personaxes da historia, facendo unha viaxe no tempo e no espazo.

Esta actividade está dirixida a toda a poboación de Santiago, organizando grupos cun mínimo de 12 participantes e un máximo de 25 persoas.

Compostela Conta realizarase no sector comprendido entre a igrexa de San Fiz, a praza da Oliveira e o Preguntoiro.

O Xogo será ás 17:00 horas e a representación na rúa ás 18:00 horas. En caso de choiva, a actividade celebrarase no pavillón das flores da praza de Abastos.

As actividades realizaranse do 10 de novembro ao 5 de decembro, de martes a sábado, alternativamente.

A inscrición é de balde. Pode realizarse no centro sociocultural máis próximo, a través do fax (981 542 438) ou do correo electrónico (ccidadehistorica@santiagodecompostela.gal), indicando nome completo, DNI, idade, dirección e número de teléfono de contacto.

Axenda

"Microvoyages", de Esther Ruíz de Pablos, na Zona C

Baixo o nome de Microvoyages, a novísima Esther Ruíz de Pablos presenta este proxecto expositivo no que domina o espírito audiovisual.

A mostra é o resultado do traballo do Máster en Arte, Museoloxía e Crítica Contemporánea da Universidade de Santiago de Compostela e está comisariado por Antonio Díaz Correa.

Do 5 de novembro ao 31 de xaneiro na Zona C.

Axenda

Festival de Teatro Afeccionado Agustín Magán

Nova edición do Festival de Teatro Afeccionado Agustín Magán, que traen nesta ocasión catro representacións.

Sábado 5, 21:00 horas: O Aturuxo de Melpómene: Comendo pementos de Padrón con Tarantino.

Domingo 6, 21:00 horas: O Trasno Novo Teatro: Conversas na cuneta mentras a vidda pasa alá fóra
Luns 7, 21:00 horas: Carfax Teatro: Transilvania
Martes 8, 21:00 horas: Teatro Escoitado: Longa vida a Mariño Güimil
Todas as representacións, no Teatro Principal.

Compartir: