Xoves 29 de xaneiro 2009

Axenda

"A cama voadora", de Calamar Teatro, no Principal

Calamar Teatro convida aos máis pequenos da casa a subir en A cama voadora, danza contemporánea, monicreques, sombras, palabras máxicas e un fermoso conto nórdico ao son da música de Germán Díaz.

Do 26 ao 29 de xaneiro, ás 10:00 e ás 12:00 horas, no Teatro Principal.

Axenda

"Artisticamente (in)correcto", de Amaya González, na Zona "C"

A Zona "C" compostelá cede o seu espazo a unha artista moza de Pontevedra, Amaya González, que realizará unha intervención artística baixo o título de Artisticamente (in)correcto.

Do 18 de decembro ao 8 de febreiro na Zona "C".

Axenda

A mostra "Marxes e Mapas", no Auditorio de Galicia

Marxes e Mapas é unha mostra colectiva pensada como un conxunto de miradas ao redor dun mapa creativo que toma como punto de partida mediados da década dos noventa, ao ser este momento inicio e afirmación dunha serie de importantes mudas e procesos na realidade galega e toma como referencia contextual a mostra A arte inexistente.

Do 9 de otubro de 2008 ao 1 de febreiro de 2009, no Auditorio de Galicia.

Axenda

Recital da RFG baixo a dirección de Pablo González e co violinista Viviane Hagner

A Real Filharmonía de Galicia contará con dous convidados de excepción nesta velada, pois á batuta atoparase Pablo González e ao violín solista Viviane Hagner.

O xoves 29 de xaneiro, ás 21:00 horas, no Auditorio de Galicia.

Compartir: