Xoves 22 de xaneiro 2009

Axenda

"Artisticamente (in)correcto", de Amaya González, na Zona "C"

A Zona "C" compostelá cede o seu espazo a unha artista moza de Pontevedra, Amaya González, que realizará unha intervención artística baixo o título de Artisticamente (in)correcto.

Do 18 de decembro ao 8 de febreiro na Zona "C".

Axenda

A RFG interpreta a Haydn nun novo concerto didáctico

Continúan os concertos didácticos da Real Filharmonía de Galicia en 2009, cun recital dirixido por Maximino Zumalave no que a orquestra vai interpretar a Sinfonía nº82 en Do Maior de Haydn, coñecida como O oso.

O mércores 21 e o xoves 22 de xaneiro, ás 11:00 horas, no Auditorio de Galicia.

Axenda

Talía Teatro pon en escena "Quero ser grande"

A compañía Talía Teatro leva ás táboas a peza teatral Quero ser grande, unha visión do mundo ácida e cómica sobre a infancia, onde se pode constatar a distancia que separa os grandes dos pequenos.

O xoves 22 e o venres 23 de xaneiro, ás 11:00 e ás 12:30 horas, no Teatro Principal.

Axenda

A mostra "Marxes e Mapas", no Auditorio de Galicia

Marxes e Mapas é unha mostra colectiva pensada como un conxunto de miradas ao redor dun mapa creativo que toma como punto de partida mediados da década dos noventa, ao ser este momento inicio e afirmación dunha serie de importantes mudas e procesos na realidade galega e toma como referencia contextual a mostra A arte inexistente.

Do 9 de otubro de 2008 ao 1 de febreiro de 2009, no Auditorio de Galicia.

Axenda

Ciclo de Cinema e Dereitos Humanos

O Ciclo de Cinema e Dereitos Humanos trae ao Principal os seguintes filmes: Tropa de elite, de José Padilha; Sommers Town, de Shane Meadows; Bucarest, la memoria perdida, de Abert Solé; Camino de Javier Fesser; e La question humaine, de Nicolas Klotz.

Do 19 ao 23 de xaneiro, no Teatro Principal. Proxeccións ás 20:15 e ás 22:00 horas.

Compartir: