Sábado 26 de xaneiro 2008

Axenda

V Premio Auditorio de Galicia para Novos Artistas

Os traballos do V Premio Auditorio de Galicia para Novos Artistas recóllense nunha mostra.

Do 20 de decembro ao 24 de febreiro, no Auditorio de Galicia.

Axenda

IX Foro de ONG

Celébrase o IX Foro das Organizacións Non Gobernamentais (ONG) que, instaladas no centro comercial Área Central, expoñerán e darán a coñecer á cidadanía compostelá os seus materiais didácticos, proxectos e produtos de comercio xusto, entre outras iniciativas.

O sábado 26 de xaneiro, a partir das 11:00 horas, en Área Central.

Axenda

Exposición de tapices de Carita Dubrovin nos centros socioculturais

A Rede Municipal de Centros Socioculturais presenta "Personaxes e paisaxes", unha colección de quince tapices elaborados pola artista finlandesa Carita Dubrovin Sandstrom.

Calendario:

CSC Fontiñas 15 de xaneiro ao 1 de febreiro
Rúa Berlín, 13. 981.528.750

CSXM O Ensanche 2 ao 16 Febreiro
Frei Rosendo Salvado, 14-16. 981.543.001

CSC Conxo 19 Febreiro ao 12 Marzo
Praza Aurelio Aguirre, 1. 981.528.740

CSC Castiñeiriño 12 ao 28 Marzo
Virxe de Fátima 1. 981. 542.459

CSC A Trisca 28 de marzo ao 12 de Abril
Corredoira das Fraguas 92. 981.543.191

CSC Vite 15 ao 30 Abril
Carlos Maside, 7. 981.542.490

Axenda

O musical "Peter Pan" no Auditorio

Chega a Compostela "Peter Pan, o Musical", de J. M. Barrie. Cristina Fargas encárgase da dirección artística desta gran superprodución.

O sábado 26 de xaneiro, ás 17:00 e 20:00 horas, e o domingo 27, ás 12:00 e 17:00 horas, no Auditorio de Galicia.

Compartir: