Xoves 24 de xaneiro 2008

Axenda

V Premio Auditorio de Galicia para Novos Artistas

Os traballos do V Premio Auditorio de Galicia para Novos Artistas recóllense nunha mostra.

Do 20 de decembro ao 24 de febreiro, no Auditorio de Galicia.

Axenda

Warlock, Elgar e Milhaud nun novo concerto didáctico

A Real Filharmonía, dirixida por Maximino Zumalave, nun novo concerto didáctico no Auditorio, para rapaces de 2º e 3º ciclo de primaria. A "Suite Capriol" de Warlock, os "Suspiros para violín e piano" de Elgar, e o ballet surrealista de Milhaud "Le Boeuf sur le toit" integran o repertorio.

O mércores 23 e o xoves 24 de xaneiro, ás 11:00 horas, no Auditorio de Galicia.

Axenda

Exposición "120 anos de ciclismo en Galicia" no CSC de Vite

O Centro Sociocultural de Vite acolle unha exposición fotográfica que, baixo o titulo "120 anos de ciclismo en Galicia" fai un recordatorio da historia deste deporte.

Do 15 ao 24 de xaneiro, cos seguintes horarios:

Luns, de 9:00 a 14:00 horas.
Martes a venres, de 9:00 a 14:00 e de 16:30 a 21:30 horas.
Sábados, de 10:00 a 14:00 e de 17:00 a 21:00 horas.

Axenda

Exposición de tapices de Carita Dubrovin nos centros socioculturais

A Rede Municipal de Centros Socioculturais presenta "Personaxes e paisaxes", unha colección de quince tapices elaborados pola artista finlandesa Carita Dubrovin Sandstrom.

Calendario:

CSC Fontiñas 15 de xaneiro ao 1 de febreiro
Rúa Berlín, 13. 981.528.750

CSXM O Ensanche 2 ao 16 Febreiro
Frei Rosendo Salvado, 14-16. 981.543.001

CSC Conxo 19 Febreiro ao 12 Marzo
Praza Aurelio Aguirre, 1. 981.528.740

CSC Castiñeiriño 12 ao 28 Marzo
Virxe de Fátima 1. 981. 542.459

CSC A Trisca 28 de marzo ao 12 de Abril
Corredoira das Fraguas 92. 981.543.191

CSC Vite 15 ao 30 Abril
Carlos Maside, 7. 981.542.490

Axenda

A Orquestra Sinfónica de Galicia interpreta o "Quixote" de Strauss e a Terceira de Beethoven

O cellista londiniense Stephen Isserlis, baixo a batuta de Víctor Pablo Pérez, e co respaldo da Orquestra Sinfónica de Galicia, interpreta o "Quixote" de Richard Strauss, subtitulado "Variacións fantásticas sobre un personaxe cabaleiresco", e a terceira sinfonía de Beethoven, tamén chamada "A Heroica".

O xoves 24 de xaneiro, ás 21:00 horas, no Auditorio de Galicia.

Axenda

Teatro de Ningures representa "Misericordia"

Chega ao Principal "Misericordia", de Benito Pérez Galdós, representada por Teatro de Ningures. Etelvino Vázquez dirixe esta adaptación de Xosé M. Pazos.

O xoves 24 e o venres 25 de xaneiro, ás 21:00 horas, no Teatro Principal.

Compartir: