Martes 26 de xuño 2007

Axenda

Reflexos: recuperación dunha cidade

O Teatro Principal acollerá as xornadas "Reflexos. Recuperación dunha cidade", na que serán protagonistas os comerciantes, os promotores e os técnicos que traballan no deseño da cidade. A entrada é libre.

A primeira xornada centraranse en tres ámbitos: a arqueoloxía, a reurbanización e os negocios. Ao día seguinte, a segunda sesión ocuparase da vivenda e da súa rehabilitación. A sesión de clausura estará acompañada de referencias a dous importantes proxectos, como son o do edificio de vivendas de Otero Pombo, obra do arquitecto Víctor López Cotelo, e o da Biblioteca do Estado de Xoán XXIII, de Andrés Perea Ortega.

As xornadas están organizadas pola OCIHR e polo Consorcio de Santiago, e patrocinadas polo Ministerio de Cultura e pola Asociación de Cidades Patrimonio da Humanidade de España.

O luns 25 e o martes 26 de xuño no Teatro Principal.

Axenda

Curso de teatro no Castiñeiriño

A Asociación de Veciños O Castiñeiro e a AC Xurásica botan a andar a Aula de Teatro do Castiñeiriño. O barrio contará cunha actividade máis para a súa oferta de lecer, unhas clases impartidas pola actriz Ursia Gago e o seu equipo.

Do 10 de outubro de 2006 ao 30 de xuño de 2007, de 20:30 a 22:30 horas, no Castiñeiriño.

Compartir: