Sábado 23 de xuño 2007

Axenda

En pé de pedra

As rúas e diversos espazos de Compostela acollen unha nova edición do Festival internacional de danza para paseantes de Compostela "En pé de pedra".

Do 22 ao 24 de xuño.

Axenda

Festas do San Xoan en Conxo

O Centro Sociocultural de Conxo organiza unha serie de actividades para celebrar o San Xoan o día 23 de xuño. Comezarán ás 18:30 con xogos tradicionais e de grupo. Ás 19:30 horas haberá contacontos. A sardiñada comezará ás 22:00 horas e media hora despois acenderase unha cacharela para os máis pequenos. Finalmente, queimarase a meiga á media noite.

O sábado 23 de xuño, a partir das 18:30 horas.

Axenda

SCQ Danza: "Arte a escena"

A compañía Experimenta Danza protagoniza outra entrega de SCQ Danza. Representa "Arte a escena", cun elenco composto por: Carlota Pérez, con Blanca Blanco, David Edreira e Susana Moreno.

O sábado 23 de xuño, ás 21:00 horas, no Teatro Principal.

Axenda

Curso de teatro no Castiñeiriño

A Asociación de Veciños O Castiñeiro e a AC Xurásica botan a andar a Aula de Teatro do Castiñeiriño. O barrio contará cunha actividade máis para a súa oferta de lecer, unhas clases impartidas pola actriz Ursia Gago e o seu equipo.

Do 10 de outubro de 2006 ao 30 de xuño de 2007, de 20:30 a 22:30 horas, no Castiñeiriño.

Compartir: