Domingo 23 de decembro 2007

Axenda

Santiago dC

A sede do antigo Banco de España acolle a exposición "Santiago dC", pensada polo Consorcio de Santiago para achegar dun xeito diferente a realidade urbana da cidade e os seus cambios e transformacións nos quince anos de historia deste organismo interadministrativo.

A mostra componse de 200 fotografías que crean unha verdadeira cidade dentro da cidade, un espazo de reflexión que, dende o pasado, empurra cara o futuro.

Ata o 30 de decembro, no Banco de España (praza das Praterías).

Axenda

V Premio Auditorio de Galicia para Novos Artistas

Os traballos do V Premio Auditorio de Galicia para Novos Artistas recóllense nunha mostra.

Do 20 de decembro ao 24 de febreiro, no Auditorio de Galicia.

Compartir: