Xoves 20 de decembro 2007

Axenda

Santiago dC

A sede do antigo Banco de España acolle a exposición "Santiago dC", pensada polo Consorcio de Santiago para achegar dun xeito diferente a realidade urbana da cidade e os seus cambios e transformacións nos quince anos de historia deste organismo interadministrativo.

A mostra componse de 200 fotografías que crean unha verdadeira cidade dentro da cidade, un espazo de reflexión que, dende o pasado, empurra cara o futuro.

Ata o 30 de decembro, no Banco de España (praza das Praterías).

Axenda

V Premio Auditorio de Galicia para Novos Artistas

Os traballos do V Premio Auditorio de Galicia para Novos Artistas recóllense nunha mostra.

Do 20 de decembro ao 24 de febreiro, no Auditorio de Galicia.

Axenda

Concerto de Nadal da Escola Municipal de Música

A Escola Municipal de Música amosa un Nadal máis o traballo dos seus alumnos cun concerto especial. Organiza a Concellaría de Educación.

O xoves 20 de decembro, ás 19:30 horas, no Teatro Principal.

Compartir: