Luns 18 de setembro 2006
Axenda
A cidade interpretada
Un novidoso proxecto artístico internacional trae a Compostela a oito artistas plásticos, que ofrecerán pautas de reflexión sobre os espazos públicos e o seu uso como lugares de encontro e convivencia.
Ata o 31 de decembro en distintos espazos da cidade: Praza do Toural, Trisca, Praza de Cervantes, Hortas...
Axenda
A sinfónica xuvenil do Uruguai no Principal
Dende o Uruguai chega o espectáculo "Tango Uy". a organización uruguaio-canadense Trazos Uy e a Fundación Sistema de Orquestras Infantís e Xuvenís o Uruguai levan de xira esta proposta por España, Portugal e os EUA.
O luns 18 de setembro, ás 21:00 horas, no Teatro Principal.
Axenda
"Dons da intemperie" na Fundación Granell
Unha nova exposición para a Fundación Granell: "Dons da intemperie: poéticas (obxectuais) do elemental". Os artistas descobren obxectos tanto orgánicos como industriais abandonados á intemperie, cunha enorme potencia poética e forza expresiva.
Na Fundación Granell, do 22 de xuño ao 18 de setembro.
Axenda
Cen anos da historia da arte a través dos "Itinerarios artísticos"
"Itinerarios artísticos. Colección Fundación María José Jove" é un proxecto cultural que inicia en Santiago de Compostela unha viaxe polas principais cidades galegas. A exposición inclúe unha selección de obras de autores clave no ámbito galego e español, que permitirá ao espectador percorrer máis de cen anos de historia da arte, desde os primeiros pasos do século XX até os nosos días.
Ata o 1 de outubro, no Museo do Pobo Galego.