Sábado 3 de abril 2010

Axenda

Exposición "As Misións Pedagóxicas 1931-1936"

A Casa das Asociacions acolle a mostra As Misións Pedagóxicas 1931-1936. Esta exposición divídese en varios epígrafes que percorren dende os antecedentes desta experiencia ata os servizos que ofrecían as Misións Pedagóxicas: o Servizo de Bibliotecas, o Museo do Pobo, o Cine, o Coro e Teatro do Pobo, o Servizo de Música ou o Retablo de Fantoches, que naceu en terras galegas. Os habitantes das aldeas e das vilas ás que chegaron as Misións, así coma os intelectuais, pintores, escritores ou mestres que colaboraron nesta iniciativas, son os protagonistas da mostra.

A exposición tamén quere reflexionar sobre o que supuxeron as Misións Pedagóxicas para aquela mocidade de entón e o corte que produciu nas súas biografías o estalido da Guerra Civil. Por iso, tamén están programadas paralelamente mesas redondas, abertas ao público, coa participación de destacados representantes de ámbitos pedagóxicos, da historia da arte e da creación cultural, así como visitas guiadas para estudantes universitarios e de secundaria.

Ata o 30 de abril na Casa das Asociacións (rúa manuel Beiras, 3 - antiga estación de Cornes).

Mañás: de 9:00 a 14:00 horas (luns a venres) e de 10.00 a 14:00 horas (sábado)

Tardes: de 16:30 a 21:30 horas (martes a sábado)

Axenda

A mostra "María Xosé Díaz 1980-2010", no Auditorio de Galicia

"María Xosé Díaz 1980-2010" é o título da exposición que amosa unha compilación da obra desta artista nada en Catoira. A mostra está comisariada por Antonio Garrido Moreno.

Do 11 de marzo ao 20 de xuño, no Auditorio de Galicia.

Axenda

Procesión dos Irmáns

Punto de saída
Colexio da Inmaculada

Percorrido
Rúa de Concepción Arenal – Rúa da Fonte de San Antonio – Rúa das Orfas – Rúa Nova – Praza das Praterías – Rúa do Vilar – Porta Faxeira – Rúa da Senra – Rúa de Concepción Arenal

A ter en conta...
Procesiona o Sábado Santo.

Procesiona con de cruz de guía, música de banda de tambores, banda da Brilat, e Real Banda de Gaitas de Ourense.

Os seus nazarenos visten hábito de sarga branca, carapucha negra e puños e faixa celeste.

Tanto a talla do Santo Cristo da Unción como a de Nosa Señora da Serenidade son obras realizadas no século XX polo imaxineiro compostelán Castor Lata.

Procesiona ademais coa cruz dos infantes, un dos símbolos identificadores da confraría, que é portada por 22 nenos.

O Santo Cristo da Unción sae á rúa dende 2003 sobre un trono do prateiro Ramón Orovio traído de Cidade Real.

Dende 2006 conta cunha sección xuvenil de 31 mozos.

Ás 20:00 horas, dende o Colexio da Inmaculada.

Axenda

Animación á lectura no LSC da Peregrina

Dentro do programa Santiago Encantado de animación á lectura, o LSC A Peregrina acolle unha sesión de contacontos dirixida aos nenos e nenas.

O sábado 3 de abril, ás 12:00 horas, no Local Sociocultural da Peregrina.

Axenda

Antía Moure expón as súas "Grandes Batallas" na Zona C

A Zona "C" acolle a exposición fotográfica de Antía Moure, titulada Grandes Batallas.

Ata o 21 de maio, na Zona "C".

Compartir: